• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

OPINIÓN | "Carta abierta a Jaime de Olano" por la Plataforma de Afectados por el Gasoducto

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Despós da información privilegiada trasladada a Prensa tanto escrita como falada (e decimos esto porque en ningún medio oficial, B.O.E. ou similar, hái notificación algunha) sobor da autorización polo Ministerio de Industria para a construcción do gasoducto da Mariña debería o Sr. Olano escoitar ao pobo que o elexíu, estar máis perto das súas inquedanzas e informarse mellor e non apoiar tan abertamente a ALCOA, o cal non é malo de séu, tamén nós o facemos, pero non a calquera prezo. Pronto esquencéu que fái un ano estaba visitando a Sergio López (na nosa opinión responsable absoluto de que non se modifique o trazado) en compañía do Sr. Fuente para tratar de convencerlo sin resultado ata o momento. En primer lugar decírlle que esta infraestructura é, fundamentalmente, para ALCOA (según as súas propias estimacións consumirán ó 80% do gas que a tubería sexa capaz a subministrar) e os veciños e as industrias terán que esperar (¿ata cando?) a que se fagan as obras necesarias, por tanto non é exacta a súa afirmación de que “as empresas e veciños da costa lucense, que poderán disfrutar desta energía nos seus negocios e vivendas”. Nós tamén nos aledamos de que ALCOA poida dispór de unha enerxía máis barata, pero debe saber que non menos contaminante, xá que sí emite menos CO2 pero emite ata 25 veces máis de CH4 (metano) non menos perxudicial que aquél aínda que non “marcado” como productor do “efecto invernadero”, así póis non é “unha energía máis respectuosa co medio ambiente” como vostede manifesta. Díce vostede logo que o anuncio “suporá un “espaldarazo” definitivo para o mantenemento dos aproximadamente 2.000 postos de traballo”; pode vostede recurrír a calquer hemeroteca e verá que esta Plataforma manifestóu dende o primeiro día o séu total respaldo a factoría e a infraestructura en sí pero un rechazo a parte do séu trazado polo que logo lle explicaremos. Lembrarlle tamén que no séu día presentamos máis de 2.500 firmas individuáis de apoio ao noso postulado e tamén as firmas dos colectivos veciñáis, culturáis e deportivos da zona; de maneira similar manifestáronse por escrito os Concellos, a Xunta de Galicia e a Comisión Europea. Esto farálle comprender que tampouco nos atopamos soios senón ampla e fortemente respaldados. Tamén debería saber do apoio recibido por parte do nóso Presidente Sr. Feijóo, do Conselleiro de Industria e de outros altos cargos do séu Partido (Sra. Pastor, Sr. Barreiro, Sra. Arias, …) para tratar de atopar unha solución axeitada, e por suposto legal, a este conflicto. Debemos de sumar a incorporación da Comisión Europea que ten aberto un expediente informativo e que xá se verá en que remata. Vostede duda sobre si a Plataforma presentará o contencioso; que lle quede mói claro: presentaremos sin lugar a ningún tipo de dúbida o contencioso si antes non se consigue a modificación do trazado e presentarémolo porque estamos convencidos de que nos asíste a razón e de que podemos gañárlo e si élo leva consigo a paralización ou demora do proxecto non nos sentiremos en absoluto culpables porque estamos fartos de denunciar xustamente dende o 16 de agosto de 2.011 (data da 1ª. presentación de alegacións) o asunto e de demandar diálogo sen ningún resultado positivo. E xá por último manifestóu vostede descoñecer (esto entristecéunos especialmente) cál é o noso plantexamento, pois verá: -Defendemos que non se invadan zóas de especial protección da Natureza (LIC, RED NATURA, ZEPVN). -Defendemos que non se afecte a fincas adicadas a agricultura, a gandeiría e a explotacións industriáis. -Defendemos que non se afecte a núcleos ruráis de población. -Defendemos que o trazado non pase de forma perigosa a escasos 10 metros de vivendas habitadas. Permítanos decírlle que si o trazado lle pasase perto das propiedades familiares en San Cosme e San Bartolo probablemente o seu coñecemento do problema e o seu interés no mesmo serían diferentes. -¿E qué propoñemos para evitar todo esto?: póis que entre os “POS” de Ribadeo e Barreiros se modifique o trazado  a carón da autovía A-8 ónde non soio se repectarían tódalas afectacións citadas senón que se cumplirían os mandatos da Lei para estas infraestructuras e non se perxudicarían para nada os obxetivos inmediatos e futuros do proxecto. Queremos rematar ofertándolle, tamén a vostede, diálogo e canta información lle poida ser necesaria.   PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO GASODUCTO

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar