• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

OPINIÓN | "Carta aberta a afección do Burela FS", por Lidia Mesías

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Quero expresar, mediante este escrito, as oportunas explicacións acerca da miña marcha do CD Burela FSF Pescados Rubén deixando claro que non é, en ningún caso, a miña intención ir en contra dos intereses deste club e nin da súa afección. O motivo da miña marcha é, que o proxecto deportivo que engloba a corpo técnico e plantilla de cara o vindeiro ano, non se corresponde coa concepción do deporte na que eu creo. Estou convencida de que dito proxecto non é o mais adecuado para que continúe a miña progresión como deportista e como persoa, polo que optei por tomar esta decisión. Quero agradecer en primeiro lugar á directiva do CD Burela FSF Pescados Rubén toda a súa laboura e o comportamento comigo de todos estes anos, posto que sempre me apoiaron en todo e se portaron moi ben comigo. En segundo lugar agradecer á afección todo o seu apoio durante estes anos, nos que me mostraron e me fixeron chegar todo o seu agarimo do cal estarei eternamente agradecida e que sempre levarei no meu corazón. Tamén quero que quede claro que o motivo da miña marcha é totalmente alleo á directiva e á afección. Espero que na miña nova andaina poda vivir novas experiencias e mellorar no eido deportivo para así acadar novas metas na miña carreira profesional; posto que sen pertencer ó CD Burela FSF Pescados Rubén sería moi difícil ter gañado títulos, formar parte de diferentes seleccións galegas nin ter sido internacional coa selección nacional, polo cal quero tamén agradecer de novo á institución todo o seu apoio neses momentos. Sen máis, espero que entendan todo o que acabo de expresar e saiban que nunca olvidarei cando formei parte deste insigne institución, posto que Burela será sempre para min un lugar especial. Lidia Mesías Espiñeira

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar