• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La oficina de rehabilitación tramitó en doce años 225 expedientes para mejorar inmuebles del casco viejo de la villa y 37 de Rinlo

El alcalde, Fernando Suárez, señala, después de dos años de espera, “algo se empieza a mover en la Xunta y en el ministerio” y les dice a los propietarios de viviendas incluidas en los Aris de Ribadeo y de Rinlo que pueden solicitar información al respecto pasándose por la Oficina Municipal de Rehabilitación

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 abr 2017

O rexedor sinalou que “parece que algo se empeza a mover nesta seca absoluta de proxectos e de ilusión en materia de rehabilitación que están tendo o Ministerio e a Xunta de Galicia, dado que agora e non sei se despois das críticas expresas, escritos e declaracións mediáticas, que nunca tiveron resposta directa por parte dos responsables nin da Xunta nin do Ministerio, algo se empeza a mover dentro da posibilidade de asinar novos convenios de financiamento para o Plan de Vivenda 2013-2016. Desto xeito se podería seguir rehabilitando e financiando a rehabilitación de vivendas sitas nas áreas de rehabilitación. Aquí en Ribadeo temos dúas:  a do casco vello de Ribadeo dende hai máis de doce anos e a do ámbito de Rinlo dende hai uns catro anos”. A Suárez Barcia parécelle “curioso ver coma este Plan de Vivenda 2013-2016, é agora no 2015 cando parece que se empeza a mover. Polo tanto, afortunadamente e aínda que sexa tarde, mal e arrastro, eu quero dicirlle aos veciños e aos propietarios destes núcleos de rehabilitación tanto en Ribadeo, en maior medida pola súa dimensión, coma  en Rinlo, en menor medida pola súa dimensión tamén, que se queren ter máis información e están interesados en rehabilitar as súas vivendas,  poden pasarse pola Oficina de Rehabilitación do Concello para ter máis información ao respecto. Queremos darlles toda a información posible da que dispoñemos a día de hoxe, que é a pouca que nos pasan dende a Xunta de Galicia e dende o Ministerio”. O alcalde ribadense subliñou que “a día de hoxe Ribadeo leva xestionados máis de 225 expedientes de rehabilitación nestes últimos doce anos e outros 37 en Rinlo nos últimos catro anos. Coidamos e esperamos que agora, nos próximos días, haxa máis peticións para levar a cabo rehabilitacións, porque si ben é certo que somos modélicos na rehabilitación do casco vello, fundamentalmente en Ribadeo, tamén é certo que moitas veces lles esiximos aos propietarios que amañen as súas vivendas, pero logo tampouco éramos capaces, por incompetencia da Xunta e do Ministerio, de ofrecerlles as subvencións que sempre tiveron, noutros anos anteriores e a través de varios gobernos de diferente cor política, dende hai máis de doce anos e ata os últimos dous anos nos que non se moveu unha folla”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar