• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

Nuevo aparcamiento para 150 vehículos en la zona centro, en la Calle Alfredo Brañas

El alcalde, Javier J. Castiñeiras, explicó que el nuevo aparcamiento municipal puede estar terminado en pocos días en un terreno de la familia López. En las inmediaciones de la Playa de Llas también proceden a preparar aparcamientos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O rexedor explicou que “se iniciaron as obras de adaptación dun solar urbano privado para aparcadoiro municipal. En cuestión de días estará listo. Está situado na rúa Alfredo Brañas, baixando Corporacións Municipais. É un sitio importante, porque está moi cerca da praia da Rapadoira, do campo de fútbol Martínez Otero, do Campo da Cabana e dunha zona moi activa en hostalería na que se precisan prazas de estacionamento”. Javier Castiñeira indicou que “despois de conseguir a cesión dese terreo por parte da familia López, á cal lle queremos agradecer que de xeito altruísta nos permita contar con esta zona para aparcadoiro de vehículos de forma provisional”. O alcalde focense engadiu que “estamos moi contentos porque imos conseguir máis de 150 prazas de estacionamento e virannos moi ben agora que empeza a época estival. Quedarán aí para utilizar durante todo o ano, mentres non se faga uso da finca, tal e como acordamos co particular. Estamos moi satisfeitos porque vai cubrir unha necesidade moi importante de aparcadoiros, sobre todo nun pobo que triplica a súa poboación durante os meses de verán”. Castiñeira engadiu: “nese sentido tamén se iniciaron as obras por parte de Tragsa e de Costas para crear varios aparcadoiros nas inmediacións da praia de Llas, onde tamén se habilitarán outras 150 prazas tanto na zona do propio areal como na parte superior, onde se retiraron algunhas das lousas de formigón que había alí”. O rexedor considera que “hai unha necesidade importante de prazas de aparcamento nos areais e no núcleo urbano e se están a facer as xestións pertinentes para mellorar e ampliar as zonas de aparcadoiro municipais no concello de Foz”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar