• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xove |

La nueva línea de ayudas directas que convoca la Xunta para emprendedores prioriza las que se instalen en Lugo

La Delegada Territorial de la Xunta, Raquel Arias, recordó que el pasado año 13 proyectos emnpresariales de la Mariña han recibido ayudas por importe de 400.000 euros. Arias visitó la empresa xovense Conservas Curricán, iniciativa puesta en maercha por tres mujeres y que fue subvencionaa por la Xunta, a través del IGAPE y del Grupo de Acción Costeira da Mariña.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A delegada territorial, Raquel Arias, explicou a nova liña de axudas para emprendedores que convoca hoxe o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para proxectos de nova creación que conten con ata un ano de vixencia prioriza ás empresas que se instalen na provincia de Lugo. Arias explicou que esta liña de subvencións, que prevé a mobilización de proxectos de 6 millóns de euros en investimento, están orientadas á creación de pequenas e medianas empresas ou á realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores. A representante do Executivo galego sinalou que os proxectos serán tramitados por orde de chegada, “en concorrencia non competitiva, e valorando o factor xeográfico á hora de baremar as axudas para iniciativas procedentes da provincia de Lugo”. Este elemento de discriminación positiva, lembrou, “está a aplicarse en todas as convocatorias de contido económico da Xunta de Galicia, en aplicación do previsto no plan ImpulsaLugo”. A delegada visitou hoxe, xunto co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a fábrica de Conservas Curricán, una empresa impulsada por tres mulleres mariñanas que contaron con axudas da Xunta, a través do Igape e do Grupo de Acción Costeira da Mariña, para dar os primeiros pasos nesta aventura empresarial. Arias felicitou ás emprendedoras pola iniciativa, que nos primeiros meses de actividade xa comeza a despuntar, e puxo o seu caso como exemplo “do potencial dos emprendedores para estimular o desenvolvemento económico e social, desenvolvendo proxectos que xeran emprego e imprimen valor engadido aos nosos produtos”. A delegada informou de que o pasado ano o Igape respaldou trece proxectos empresariais da Mariña, que recibiron axudas por un importe de preto de 400.000 euros para un investimento apoiado de 955.000 euros. O impulso aos emprendedores, afirmou Raquel Arias, “é fundamental para estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na comunidade autónoma, xa que eles actúan como catalizadores do repunte da nosa economía dado o papel determinante que teñen para Galicia as pequenas e medianas empresas”. As axudas convocadas hoxe polo Igape sufragan custos de obras de construción, reforma ou habilitación de instalacións, aluguer, equipamento, maquinaria, sistemas informáticos ou  mesmo vehículos, entre outros conceptos. Como regra xeral, a porcentaxe de axuda para gastos de investimentos chegará ata o 50% para pequenas empresas e ata o 40% para medianas empresas. Así mesmo, a delegada apuntou que tamén hoxe se convocan as axudas para iniciativas de difusión, para que as empresas galegas poidan estar presentes en xornadas técnicas, seminarios, foros, encontros empresariais, congresos ou eventos expositivos. O orzamento deste programa de axudas ascende a 400.000 euros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar