También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña | Para los populares "el PSOE está fuera de la realidad"

La nueva Ley de Costas refuerza la protección del litoral y ofrece más seguridad jurídica

El Secretario del Parlamento Gallego, José Manuel Balseiro, asegura que el socialista José Ramón Val desconoce la realidad galelga y realiza afirmaciones sin fundamento tirando del argumento escrito por el PSOE de Madrid. Con el reconocimiento de la figura de los núcleos “rurales” se pondrá fin a la difícil situación de numerosos ciudadanos que quedaban indefensos afectados por los deslindes   Balseiro recomienda Val Alonso que explique por que está en contra de que los vecinos con viviendas rurales próximas a la costa pueden arreglar o realizar obras de mantenimiento en sus casas

O secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, vén de sinalar que a nova Lei estatal de Costas reforza a protección do litoral e ofrece máis seguridade xurídica. Sae deste xeito ao paso das críticas efectuadas polo PSOE ante a reforma dunha normativa que vén a resolver grandes problemas que a lexislación anterior provocaba especialmente nos pobos costeiros de Galicia. RECOÑECEMENTO DOS NÚCLEOS RURAIS Así por exemplo Jose Manuel Balseiro explica que co recoñecemento da figura dos “núcleos rurais” -agrupacións tradicionais de vivendas rurais próximas á costa- porase fin á a difícil situación de numerosos cidadáns que quedaban indefensos, e non podían ni tan sequera facer obras menores de mantemento nas súas vivendas ao estar afectadas polos deslindes. A INICIATIVA DE GALICIA “Desde o Grupo Parlamentario Popular sempre tentamos dar solución a este problema, tanto agora no Goberno como antes sendo oposición, mentres que o PSOE variou o seu apoio a esta reforma en función de intereses partidistas”-explicou Balseiro- quen tamén dixo que a reforma da Lei de Costas foi impulsada a iniciativa do PP desde o Parlamento de Galicia e despois acollida polo novo goberno central e polo ministro Miguel Árias Cañete. O PSOE FÓRA DA REALIDADE Para o secretario do Parlamento, Jose Ramón Val fala desde o total descoñecemento do que a reforma da Lei de Costas supón e da súa adecuación á realidade galega, e nese senso, acúsalle de realizar afirmacións e ataques sen fundamento tirando do argumentario escrito polo PSOE de Madrid, que non ten nada que ver coa Mariña. Balseiro pregunta directamente ao deputado socialista si está en contra de que os propietarios de antigas vivendas rurais e asentamentos costeiros mariñeiros poidan arranxar as súas casas realizando obras mínimas de mantemento, actuacións que ata o de agora eran practicamente imposible executar, pola dureza burocrática dos permisos a conseguir ou directamente porque a normativa anterior o prohibía. Finalmente o deputado popular lembra que asentamentos rurais de todos os concellos costeiros, desde Ribadeo (Rinlo), Barreiros, ata espazos no concello de Foz, Cervo (Cuíña), Viveiro ou O Vicedo poden serán directamente beneficiados pola reforma da Lei de Costas promovida polo Partido Popular.  

Lo más visto