• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Entró hoy en funcionamiento

La multa por exceder en el tiempo en la zona azul se puede pagar en la propia máquina

Hoy ha entrado en vigor la modificación de la ordenanza de la zona hora que permite anular las sanciones impuestas en el mismo día a los que excedan en el tiempo de aparcamiento, adquiriendo un ticket por 5 euros.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Entrou en vigor a modificación da ordenanza da zona ORA, que permitirá anular as sancións impostas no mesmo día aos usuarios que se excederan no tempo de aparcamento adquirindo un ticket por importe de cinco euros. A modificación foi aprobada definitivamente. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “hai un tempo o pleno da Corporación acordou a modificación desta ordenanza de zona ORA que temos aquí, en Ribadeo, e que funciona realmente ben. Como todas as ordenanzas tamén ten un apartado sancionador para toda aquela xente que non cumprira, que non sacara o ticket ou que se excedera no tempo de uso”. O rexedor explicou que “o pleno decidiu facer unha modificación para que, como noutras cidades e vilas, aquelas persoas que sexan denunciadas porque se pasen do tempo que inicialmente asignaron poidan anular a sanción con unha multa moito máis reducida. É dicir, si pola ordenanza a multa son 24 euros estas persoas que durante ese día que foron denunciadas sacan un ticket que costa 5 euros e introducen o ticket inicial, a papeleta da denuncia e máis o ticket de ter abonado os 5 euros nun dispositivo que hai quedará dita denuncia anulada”. Para Suárez Barcia “isto demostra que dende o Concello non temos interese ningún nin afán recadatorio e o que sí queremos é velar por un sector moi importante en Ribadeo, que son as actividades comerciais e de servizos, e que a xente que veña a Ribadeo e que por algún motivo se demore un pouquiño máis e que resulte denunciada por un exceso de tempo poida ter esa capacidade de anular a súa denuncia por unha cantidade mínima en relación coa denuncia ordinaria”. O alcalde ribadense engadiu que “evidentemente si alguén tanto antes como agora, despois da modificación desta normativa, aparca na zona azul e non saca o ticket a sanción será igual que estaba prevista inicialmente, 24 euros e doce por pronto pago, pero en ningún caso con este mínimo de 5 euros”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar