• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MONDOÑEDO | La plataforma Comarca de Mondoñedo Unida organiza una "performance" reivindicativa para el Día del Trabajo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Na última asemblea, os integrantes da plataforma Comarca de Mondoñedo Unida acordaron levar a cabo un acto cultural-reivindicativo coincidindo coa Festa do Traballo, o vindeiro un de maio ás dúas menos cuarto do mediodía na Alameda dos Remedios. Nesta actividade, titulada “Mondoñedo... sempre xuntos” poden participar como actores e actrices tódalas persoas que o desexen, a día de hoxe xa se conta coa colaboración de actores amadores como é o caso do mindoniense afincado en Cervo, José Manuel González “Copa”, Elías Noël Fernández ou a compañía xuvenil de teatro que dirixe Ester Otero. Os interesados en sumarse á actividade poden participar nos ensaios que terán lugar o vindeiro domingo ás doce do mediodía na Alameda dos Remedios.  Na mesma asemblea tamén se acordou manter unha xuntanza o vindeiro 25 de abril coa Corporación Municipal de Lourenzá e dar a coñecer as diferentes actividades que se desenvolverán nos vindeiros días como a xuntanza da mesa económica que terá lugar o vindeiro venres, 3 de maio.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo