También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

MONDOÑEDO | La Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida invita a participar en los actos culturales-reivindicativos programados para mañana en la alameda de los Remedios

As máis frecuentes problemáticas sociais actuais (paro, desafiuzamentos, perda de calidade en servizos públicos, fame...) son os principais argumentos da “performance” que representarán ás dúas menos cuarto da tarde un grupo de actores amadores e figurantes na alameda dos Remedios con motivo do Día do Traballo para dar a coñecer as necesidades polas que están pasando os municipios de Mondoñedo e Lourenzá logo de padecer o peche de industrias e a perda de postos de traballo. “Evidentemente reivindicamos por razóns xeográficas a mellora da situación socioeconómica da Comarca de Mondoñedo, pero con esta acción estamos a chamar a atención sobre os dirixentes para que arrimen o ombreiro e aporten iniciativas que saquen a esta sociedade da fochanca na que nos atopamos neste momento. Non se trata dunha manifestación ao uso, pero non deixa de ser un acto no que cantos máis sexamos, máis forte será a nosa voz”, argumentan desde a Plataforma para animar a tódalas persoas da Mariña e a Terra Chá a achegarse a Mondoñedo para que “xuntos, sexamos máis”. 

Lo más visto