• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MONDOÑEDO | "La asombrosa conquista de la Isla Ballena" nuevo libro de Ramón Loureiro

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Mondoñedo será esceario  durante a tarde do venres, 8 de febreiro,  dunha xornada de homenaxe á obra de Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965). Un autor  que ainda nacendo na costa atlántica fixo da cidade mindoniense un dos grandes epicentros da súa literatura. A xornada está organizada pola editorial Eurisaces, que publica o novo libro de Ramón Loureiro, “La asombrosa conquista de la Isla Ballena”. Unha obra que foi presentada en Madrid, o pasado xoves, nun acto que contou coa presenza, entre outros, do escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, do novelista e letrado José Manuel Otero Lastres e da escritora mindoniense Marina Mayoral. Os actos do venres, comezarán ás 17.00 horas, cunha visita á Casa de Merlín. Ás 18.00 horas haberá un percorrido polo Museo Catedralicio e por último ás 19.00 horas, no Real Seminario Santa Catalina presentarase a novela, a cargo de Segundo Leonardo Pérez López, deán da Catedral de Santiago de Compostela, á que seguirá un coloquio co autor, aberto ao público. Ramón Loureiro é académico de número da Academia de San Rosendo. Xornalista e escritor, foi finalista do Permio Nacional da Crítica Española e xurado do Premio Nacional de Literatura.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar