• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | La Asociación Abrindo Camiño organiza las VII Jornadas del Peregrino para los días 4, 5 y 6 de julio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O venres a partir das 20:00 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo a xornada estará dedicada o Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” haberá concertos de música, un encontro literario e poético, o estreo do audiovisual “Polos Camiños de Leiras” realizado polo director de cine Matías Nicieza e coa colaboración na narración da ilustre escritora Marina Mayoral e outros membros do GLLP. A xornada do sábado estará centrada en analizar e promocionar a “Variante Marítima do Camiño Norte de Santiago”. Pola mañá a partir das 10:00 horas no Centro de Interpretación do Camiño Norte de Mondoñedo haberá unha “reunión aberta” a que asistirán membros da Agrupación de Amigos do Camiño de Santiago e donde as 12:00 horas se leerá un Manifesto en defensa do trazado actual do Camiño Norte, ante a polémica suscitada polos cambios propostos pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia, co motivo da delimitación oficial esixida para a proposta de Patrimonio Mundial. Mais tarde están programadas charlas e audiovisuais, sobre aspectos singulares do Camiño Norte e sobre a efeméride do VIII centenario da peregrinación de Francisco de Asís e rematar con un concerto da Coral Mestre Pacheco. Polo serán recorrerase en autocar a “Variante Marítima” con visitas guiadas a Basílica-Catedral e o xardín botánico e obradoiro do artista “Caxigueiro” en san Martiño, o espazo “Eido Dourado” en Barreiros e a praia das Catedrais o pobo pintoresco de Rinlo e o casco vello de Ribadeo. O domingo a xornada estará dedicada o recorrido guiado do roteiro turistico-literario “Leiras Pulpeiro” con saída as 11:00 horas desde o Centro Cultural de Alcántara e visitas os lugares relacionados coa vida e obra do ilustre médico e poeta; casas natal e vitais, campa donde está soterrado, o Castro e a fonte de augas medicinal da Recadieira e remate na Area recreativa de “A Fervenza” donde haberá un xantar campestre, xogos acuáticos na piscina fluvial e o Torneo da Chave. A xornada rematará as 20:00 horas no auditorio Pascual Veiga coa posta en escena da obra “Os amores do mariñán” polo grupo de teatro O Bordelo de Cervo. Os obxetivos destas xornadas son: - A promoción da Variante Maritima do Camiño Norte e a reivindicación da súa sinalización e recoñecemento oficial, recuperando a Memoria histórica do paso de peregrinos pola basílica catedral mais antiga de España. - A posta en valor do Roteiro turistico literario “Leiras Pulpeiro” mediante a colocación de paneis e sinais solicitados a Deputación de Lugo, a declaración de “utilidade pública” da fonte medicinal, recuperar como elemento etnográfico as antigas fábricas do 1893 “electricista mindoniense” e o estudo e rehabilitación do Castro da Recadieira. Nestas xornadas acollerán a ponentes da Agrupación do Camiño Norte do Pais Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia, o delegado en Santiago de Compostela da empresa "Nexia", propietaria da Area de A Fervenza e o inxeñeiro de minas da Consellería de Industria de Pontevedra, un dos mellores especialistas en fontes mediciñais para tratar de establecer acordos co Concello de Mondoñedo en relación a estes obxetivos.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar