• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

Miles de viviendas quedan fuera de ordenación en el PGOM, según el BNG

La mayoría de los edificios de la Avenida da Mariña y Álvaro Cunqueiro quedan fuera de ordenación mientras se respetan los derechos urbanísticos de terrenos sin edificar Las parroquias de Cangas, Nois, Fazouro y Villaronte se enfrentan a una situación semejante

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Segundo indicou Xoán Carlos G. Basanta “nunha vivenda ben sexa unifamiliar, ben sexa nunha vivenda que fai parte dun edificio fóra de ordenación a lexislación de aplicación establece que as únicas obras posíbeis son obras de conservación e mantemento ata o punto de que se por calquera motivo a edificación é sometida a un accidente que provoque danos irreparables o propietario do inmoble terá que proceder ao seu derrube. Pero é que ademais no propio PXOM determinase a prohibición de calquera licenza de obra de reparación ou consolidación para aquelas vivendas que se sitúen dentro do  ámbito dun polígono e que deberán ser derrubadas no prazo de 15 anos. Outra das graves consecuencias que implica que un edificio quede fóra de ordenación -como todo o mundo sabe- é que o valor patrimonial da vivenda pasa a ser cero euros, ata o punto de que non se admite como aval en ningunha operación de crédito hipotecario". O máximo responsábel dos nacionalistas focegos sinalou que “non estamos a falar só de vivendas en solo rústico ou en zonas de protección. Sen ir máis lonxe a práctica totalidade do casco urbano de Foz, desde a entrada por Vilaxoane ata a Gasolineira en Marzán pasa a situación de fóra de ordenación. Así, no caso da Avenida de Asturias e na Rúa Concello de Lugo, redúcese o alto de edificación de B+4 a B+3 ou B+2 e tamén se reduce o fondo de 20 metros a 16 ou 12 metros. Outro tanto acontece na Avenida da Mariña onde tamén se reduce o alto de edificación de B+5 a B+4, reducindo á súa vez os fondos que pasa, en menos de 100 metros, dos 20 actuais aos 16 ou mesmo aos 7 metros. A mesma situación na Avenida Alvaro Cunqueiro onde tamén se reduce o alto de edificación de B+5 a B+4, reducindo á súa vez os fondos que pasan dos 20 actuais aos 16 ou aos 14. A mesma situación se dá na Rúa Miguel de Cervantes ou na Avenida de Viveiro onde tamén se procede a reducir unha altura e reducir o fondo de edificación. Non hai pois dúbida de que gran parte dos edificios do casco urbano de Foz quedan fóra de ordenación co grave prexuízo que se crea para as familias e ou persoas residentes nestas edificacións. Agora ben, isto contrasta coa creación no PXOM dunha ordenanza, a Ordenanza 6, que salvagarda os dereitos urbanísticos nas edificacións con licenza anterior ao PXOM  e os exclúe da situación de fóra de ordenación. Esta ordenanza "especial" aplícase a terreos nos que foron outorgadas licenzas anteriores a 2007 e que ao día de hoxe non foron executadas. Está claro, que isto supón un grave prexuízo para os estándares do Plan actual e un agravio co resto”. Os nacionalistas recalcaron que “non só o casco urbano queda na súa práctica totalidade fóra de ordenación senón que a maioría das parroquias tamén quedan afectadas debido as novas aliñacións viarias. Reparemos en Nois, nos tramos da N-642 onde todas as edificacións á man dereita dirección a Burela fican fóra de ordenación como consecuencia dunha alteración das aliñacións. Outro tanto acontece en Cangas onde ao aumentarse ata os 25 metros o ancho da estrada Cangas-Ferreira, nesa franxa quedan situadas fóra de ordenación a totalidade das vivendas que se sitúan a unha e outra beira desta área que veñen de ampliar coas novas aliñacións do PXOM. O mesmo acontece en Vilaronte é non só ao longo do viario principal, senón que chega a outros núcleos como a Cernada, A Chaira ou A Espiñeira." Para o BNG de Foz non hai dúbida de que estamos diante dun auténtico despropósito, posto que nin pretendéndoo sería posible deixar miles de vivendas fóra de ordenación nun Concello do tamaño do noso. Un Plan urbanístico, ao fin, dun Goberno e dun Alcalde á cabeza que en definitiva defrauda porque non aporta solucións senón máis ben problemas e inquietude para unha maioría da poboación.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar