• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | Los nuevos propietarios podrán trabajar las fincas en el 2014

Medio Rural confirma que este año delimitará las nuevas parcelas de la concentración de Sasdónigas

El replanteo de las nuevas fincas y la colocación de los marcos es una actuación priorizada como número uno en la provincia de Lugo y supondrá la inversión de 33.000 euros. El PP mindoniense agradece el compromiso puesto de manifiesto por la Xunta para impulsar la concentración parcelaria de Sasdónigas, retrasada, entre otros motivos, por los múltiples recursos planteados por los propietarios que superaban los mínimos exigibles para poder continuar.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo agradece o compromiso de Medio Rural, que confirma que este ano delimitará as novas parcelas da concentración parcelaria de Sasdónigas, en Mondoñedo, sobre as que posiblemente podan traballar os novos propietarios durante o 2014. Desta maneira, dende a Consellería de Medio Rural comprometéronse durante esta anualidade a asinar novos contratos desta concentración parcelaria, máis en concreto o replanteo dos novos predios e colocación de marcos. Esta actuación, priorizada como número un pola provincia de Lugo, suporá un investimento de 33.000 euros. Asemade, dende o departamento da Xunta de Galicia prevén que no 2014 os novos propietarios poderán comezar a traballar as súas fincas, grazas á toma de posesión provisional das mesmas. Os populares, que explican que este trámite é dende o punto de vista práctico o máis útil, aseguran asemade que estes compromisos foron postos de manifesto polo Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, con independencia de que se seguirá a impulsar o resto do procedemento ata a entrega dos títulos de propiedade aos seus lexítimos propietarios. Os populares agradecen o compromiso posto de manifesto polo director xeral en resposta a unha pregunta realizada nunha comisión de Medio Rural do Parlamento de Galicia por parte do deputado autonómico, Vidal Martínez-Sierra, sobre as previsións da Consellería do Medio Rural e do Mar respecto ao impulso do proceso de concentración parcelaria de Sasdónigas, no concello de Mondoñedo. O PP local asegura que se manterá expectante ante o cumprimento destas afirmacións co obxecto de axilizar este proceso de concentración parcelaria retrasado, entre outros motivos, dado os múltiples recursos plantexados polos propietarios que superaban os mínimos esixibles para poder continuar.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo La Linterna de la Iglesia

La Linterna de la Iglesia

Irene Pozo

Escuchar
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar