También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo | La empresa privada que haga la residencia y la Xunta alquila 40 plazas

Mato dice no a la residencia y el PP Local considera "positivas" las iniciativas de la Conselleira

El responsable local de la gestora de los populares en Ribadeo, Jesús López Penabad, después de la reunión entre la Conselleira de Bienestar Social y la Plataforma pro-residencia, agradece el recibimiento “realista y responsable” de Beatriz Mato quien trabaja para que la localidad cuente con la residencia. Los populares consideran muy positivas las iniciativas de Mato, que propuso la creación de cuarenta plazas concertadas y ven muy atractiva la propuesta

O PP de Ribadeo agradeceu esta mañá a responsabilidade, preocupación e o realismo mostrado por parte da Xunta de Galicia, neste caso, da Conselleira de Traballo e Benestar Social,  Beatriz Mato, quen, tras reunirse coa Plataforma pro-residencia de maiores de Ribadeo, propuxo crear corenta prazas concertadas nunha residencia privada. Os populares aseguran que a do venres foi unha boa nova posto que ante a falta de presuposto “atopámonos ante unha Conselleira que se preocupa e baralla varias propostas para facer posible esta iniciativa”. Di o PP que esta iniciativa é ao tempo, moi atractiva para calquera empresa que decida porse ao frente da Residencia posto que sabe, de antemán, que vai contar con corenta prazas concertas. UN ALCALDE ENFADADO Os populares afirman que as actitudes do alcalde son sempre as mesmas: un Fernado Suárez belixerante e incompetente. “Non se preocupa polos problemas e necesidades dos ribadenses e moléstalle que os demáis sí nos preocupemos”- manifestan os populares, quenes lembran que a xuntanza entre Plataforma e Conselleira non se producíu antes pola actitude do alcalde en todo este asunto. Lembran os populares que o seu partido non rachou ningún convenio, simplemente, e tendo en conta a pasividade do rexedor, púxose mans a obra para que Plataforma e Conselleira mantiveran a xuntaza e solventar así este asunto. O PP de Ribadeo agradece tamén ao Secretario Xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, a súa preocupación e valora positivamente a facilidade e receptividade por parte da Conselleira de Traballo e Benestar Social para dar solución a esta temática.

Lo más visto