• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

8 de marzo "Día Internacional de la Mujer"

Los ayuntamientos de la comarca han preparado, en colaboración con asociaciones, una serie de actividades para conmemorar el Día Internacional de la Mujer, el 8 de marzo. Lourenzá: Proyección de  una película y exposición Barreiros: Teatro y lectura de trabajos de alumnos de las escuelas Ribadeo: Un Photocall durante tres jornadas y la inauguración de varias calles El Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra su quinto aniversario  con un acto informativo centrado en las demandas de las trabajadoras del hogar

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 6'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Lourenzá organiza unha exposición e a proxección dunha película para celebrar o Día Internacional da Muller, que se conmemora este venres, 8 de marzo. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que a proxección da película, que está programada para o propio día 8 ás cinco da tarde no salón de actos do Concello, “será conducida pola educadora familiar, Dolores Vilasuso, que fará a presentación cunha pequena sinopse e será comentada ao remate da mesma. A película que se proxectará é Tomates verdes fritos que, baixo o lema O segredo da vida, o segredo está na salsa, desenrola unha historia baseada na amizade entre unha muller de mediana idade que se sinte frustrada polo sobrepeso e pola relación insatisfeita que mantén co seu marido e unha anciá que vive nunha residencia. Os temas principais desta película son a amizade e a solidariedade entre mulleres, a vellez e a experiencia como fonte de sabedoría, as frustracións e os problemas de identidade do modelo tradicional de muller e a relación entre a discriminación racial e a violencia de xénero. Polo tanto esta é unha película que dende o departamento de Servizos Sociais valoraron como moi axeitada para render homenaxe a todas as mulleres, non só do noso concello senón ás mulleres en xeral”. Por outra banda, dende este venres, 8 de marzo, ata o día 22 deste mes en horario de tarde, de 17 a 20 horas, na sala de exposicións da casa de cultura do Concello poderase ver a mostra titulada Mulleres no obxectivo, que “recolle 23 fotografías de fotoperiodistas galegos e galegas que tratan de sacar á luz desde unha óptica da normalidade e do respecto ás imaxes que nos acercan ao día a día das mulleres e a súa relación cotiá co traballo ao longo da historia e a conciliación da vida familiar e laboral. Dentro da mostra inclúese unha peza audiovisual, Mulleres xx, sobre as mulleres galegas e o traballo, que toma por nome o cromosoma feminino e mostra ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, as primeiras redeiras, as mestras, as lavandeiras, as médicas, as periodistas, ... desde o pasado ata a actualidade. Ademais o vídeo, que contén como eixe temático a progresión das mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao punto actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual e social”, explicou Emma Álvarez, quen lembrou que este DVD será proxectado todos os días, de luns a venres, dende o 8 ata o 22 de marzo ás sete da tarde no salón de actos.  O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros organiza diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Celebraranse no centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Díaz Sampedro o 10 de marzo, domingo, a partir das seis da tarde. O programa de actos inclúe unha representación a cargo do grupo teatral da asociación VEA, que porá en escena a obra titulada ¿Por que a min?. Tamén se levará a cabo a entrega de premios do cuarto certame de poesía A miña nai, muller traballadora e a lectura dos traballos gañadores do certame, no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria dos Ceip de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante. Cun photocall pola igualdade e coa inauguración de varias rúas conmemorará o Concello de Ribadeo o día internacional das mulleres. Os actos que se van desenvolver foron presentados esta tarde pola concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, polo alcalde, Fernando Suárez, e pola responsable do CIM, Luisa González. A edil nacionalista sinalou que “sempre que celebramos esta data facémolo tendo en conta dúas vertentes. Unha de homenaxe, celebración e recoñecemento a todas aquelas mulleres que loitaron ao longo da historia para conseguir os dereitos que agora temos e outra desde un punto de vista reivindicativo tratando de poñer no candeleiro aquela falla de igualdade que aínda existe ou aqueles temas relacionados coa actualidade no ámbito da muller”. Álvarez Lastra explicou que “este ano levaremos adiante unha campaña reivindicativa de sensibilización social, que nós denominamos Igualámonos. Trátase de facer un photocall os días 6, 7 e 8 de marzo, onde queremos facer partícipe a toda a sociedade de Ribadeo das dificultades e desigualdades que existen a día de hoxe no mundo laboral, no mundo educativo… entre homes e mulleres. Ese photocall realizarase en varios lugares do concello, en distintos horarios, e cada persoa que se preste a participar na campaña atopará unha serie de frases alusivas entre as que poderá escoller unha para fotografiarse con ela”. Esta campaña reivindicativa culminará o venres, 8 de marzo, ás 19 horas no Cine Teatro, “onde estará fixo o photocall para aquelas persoas que queiran pasar por alí e facer a súa foto. Tamén se acompaña dun perfil propio no facebook no que se irán subindo as fotos para a xente poida verse e etiquetarse, si así o desexa. É unha forma máis para que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poida facer público este compromiso”. A concelleira de Igualdade anunciou que o día 8 de marzo terán lugar dous actos: “a inauguración de rúas con nomes de muller e un concerto no Cine Teatro. Na xunta de portavoces e no pleno foi ratificada unha proposta de catro nomes de mulleres para rúas de Ribadeo que saíron adiante. Comezaremos ás 19 horas cerca da EMMeD, na rúa Manuela Barreiro Pico, que foi a primeira farmacéutica que houbo en Ribadeo. Despois ás 19:20 horas non entorno do colexio Sagrado Corazón daráselle o nome de Sor Pilar de León a unha rúa. Esta muller foi unha profesora que impartiu clase e creou o coro do centro. Ás 19:40 farase a inauguración da rúa Meniñas da Saudade e logo ás 20 horas remataremos na praza contigua ao Cine Teatro, que se denominará praza 8 de marzo. En todas as rúas haberá unha actuación musical a cargo de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e nas inmediacións do propio colexio Sagrado Corazón actuarán os alumnos e alumnas do coro dese centro”. Na praza 8 de marzo terá lugar unha intervención da concelleira de Igualdade, despois haberá unha lectura dos textos das creadoras do caderno Rachando inercias, e a celebración deste día rematará no Cine Teatro cun concerto de Irimia Cantareiras, unha agrupación de música tradicional galega, que actuarán acompañadas de Proxecto Danza, compañía que fusiona baile tradicional galego con outros estilos coma danza contemporánea, tango, hip hop… con entrada totalmente de balde”. Suárez Barcia e Álvarez Lastra convidan “aos veciños e veciñas de Ribadeo que vivan entorno a esas rúas que inauguraremos o día 8 a que acudan a estes actos e á programación festiva que terá lugar ese día. E que participen no photocall, é moi importante que todos sexamos partícipes da reivindicación da igualdade dos homes e das mulleres. Que colaboren con nós nesta campaña de sensibilización social”. O Concello tamén editou un rueiro no que se atopan os viais con nomes de mulleres ribadenses que deixaron pegada e un breve resumo do que supuxeron para esta vila. O próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Observatorio da Mariña pola Igualdade celebrará o seu quinto aniversario de andaina feminista pola Mariña de Lugo. Nestes cinco anos de traballo, leváronse a cabo numerosas actividades nas distintas localidades mariñás, sempre pensadas en prol da igualdade. Charlas-café desde un punto de vista de xénero sobre temas de actualidade, presentacións de libros das nosas escritoras, video-forums para coñecer a situación das mulleres doutras culturas e para visibilizar o traballo das directoras de cinema, campañas e proxectos cos IES mariñás para previr a violencia de xénero no alumnado de secundaria, cursos de fotografía dixital,o concerto Músicas e letras en feminino, para valorar o traballo das artistas da zona, diversas campañas informativas, denuncias públicas, etc. Co lema “Compartindo loitas coas traballadoras do fogar. 5 anos na defensa da igualdade”, o Observatorio adícalle o Día Internacional das Mulleres 2013 ás traballadoras do fogar e organiza un acto informativo o próximo sábado 9 de marzo, ás 17.00h na Casa das Letras de Ribadeo,  sobre a situación deste  colectivo indefenso e triplemente explotado: por mulleres, por traballadoras e por exercer un traballo non visibilizado, non equiparado en dereitos no réxime xeral de traballador@s e, polo tanto, ao que se lle cuestiona o carácter de profesión.  No acto contarase con Mar García Pombo, avogada laboralista que fará un repaso pola situación das traballadoras do fogar e dará a coñecer as novas modificacións no réxime deste colectivo que entraron en vigor neste 2013, após das xa realizadas o pasado 1 de xaneiro do 2012.  O colectivo das traballadoras do fogar sempre estivo na axenda do Observatorio da Mariña pola Igualdade. De feito, o primeiro acto que organizou o Observatorio, fai agora cinco anos, foi unha charla informativa para as traballadoras do fogar en Ribadeo e Burela da man da Asociación de Empregadas do Fogar de Compostela Xiara. E o ano pasado, por mor das modificacións na regulación das traballadoras do fogar que entraron en vigor o 1 de xaneiro, organizáronse de novo charlas e levouse a cabo unha importante campaña de información da nova lexislación por toda a Mariña. Para o Observatorio o 8 de marzo é unha data de celebración, por ser o día Internacional das Mulleres e por cumprir anos de vida a asociación, máis tamén é unha data reivindicativa polos dereitos das mulleres que aínda quedan por conseguir.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar