También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

MARIÑA | Vidal Martínez-Sierra elegido presidente de la comisión de Agricultura, Alimentación, Ganadería y Montes del Parlamento de Galicia

De 

O deputado lucense do Grupo Parlamentario Popular Vidal Martínez-Sierra foi elixido hoxe novo presidente da Comisión 7ª do Parlamento de Galicia na que se debaten cuestións relativas á agricultura, alimentación, gandaría e montes. O seu nomeamento tivo lugar esta mañá ao inicio da xuntanza desta comisión parlamentaria grazas ao voto favorable dos deputados do Grupo Popular e sen ningún voto en contra por parte das formacións políticas da oposición. Martínez-Sierra agradeceu a confianza depositada polos deputados da Comisión 7ª tralo seu nomeamento e manifestou que estaba a disposición dos profesionais do mundo rural, agroalimentario e forestal na súa condición de presidente da órgano parlamentario encargado destes asuntos. Vidal Martínez-Sierra, ex-alcalde de Lourenzá, iniciouse como deputado autonómico na actual lexislatura logo de ocupar o posto número nove da candidatura popular pola provincia de Lugo O novo presidente da Comisión encargada dos asuntos do Medio Rural é Licenciado en Veterinaria pertence ao Corpo Superior Facultativo da Xunta. Durante a pasada lexislatura foi tamén xefe territorial da Consellería do Mar el Lugo ata o ano 2010.

Lo más visto