• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | El Museo del Mar en San Ciprián celebra el Día Internacional de las Familias, el Día de las Letras Gallegas y el Día Internacional de los Museos con una serie de actos desde el miércoles 15 al sábado 18 de mayo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Desde 1977, o ICOM propón a celebración desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante papel dos museos no desenvolvemento social. Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas do mundo. O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as súas portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables. Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano para homenaxear ao dramaturgo e actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). E aínda teremos un recuncho, aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das Familias, para convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan, por idade, máis memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco baleiro de experiencias. PROGRAMA Mércores, 15 de maio de 2013 (Día Internacional das Familias)  16:30 h.- : Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. 18:00 h.- : Encontro de familias do Clube Pequeamigos. Presentación do Clube Senior da Rede Museística Provincial. Xoves, 16 de maio de 2013 De 18:00 a 19:30 h.- : Expresión e artes da palabra na música popular galega Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo Lipdup da Rede Museística A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labiosplay-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez Cacharrón. Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas) Xornada de homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 con motivo do Día das Letras Galegas. Photocall Durante toda a semana que vai : do 14 ao 19 de maio:, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste. Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio. Concerto das Letras 19:00 h.- : Megara. Blues-rock en galego, en formato acústico Sábado, 18 de maio de 2013 (Día Internacional dos Museos e Noite Europea dos Museos) 18:00 h.- : Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. Concerto da Noite dos Museos 20:30 h.- : Alejandro Canoura (Guerrera). Blus-rock Obradoiros Vén, Mira … é Tempo de Creatividade De 12:00 a 13:30 h. : para nenos/as de 4 a 14 anos Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar,... EXPOSICIÓNS Obxectos para comunicar Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os seres humanos.    

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE