• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | El día 20 termina el plazo de presentación de solicitudes para las escuelas infantiles de Alfoz, Valadouro, Foz, Mondoñedo, Burela, Viveiro y Ribadeo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes de praza en calquera das escolas infantís da rede autonómica A Galiña Azul. Na comarca da Mariña, a rede conta con centros en funcionamento nos concellos de O Valadouro, Mondoñedo, Burela, Viveiro, Ribadeo e dous en Foz. Ademáis, para o mes de setembro está programada a entrada en funcionamento a nova escola infantil de Alfoz, para a que tamén se pode solicitar xa unha praza. A resolución cos prazos e o lugares de presentación das instancias pode consultarse a través da web www.escolasinfantís.net ou no propio centro infantil onde se queira matricular ao neno ou nena. Segundo se sinala na devandita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso está aberto ata o 20 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 12 de xuño. Axilizar a tramitación do cheque infantil Como novidade, salientar que para o curso 2013/2014 a documentación para optar ao cheque infantil presentarase de forma simultánea coa solicitude de praza nas escolas infantís. Deste xeito, unha vez que se publique no DOG a convocatoria do cheque infantil, as familias xa terán presentada a documentación e axilizarase a tramitación do mesmo.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar