También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

MARIÑA | La CIG llama a una movilización social masiva para el 1º de mayo

  • cope.es
  • cope.es

Afrontamos este 1º de Maio de 2013 sumidos nunha profunda crise económica que está a afectar de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de postos de traballo, perda de salario, precarización e desregulación das condicións de traballo, perda de dereitos, estafas financieiras, desafiuzamentos etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP, a través do Goberno español e do Goberno galego, seguindo as directrices que marcan institucións como o Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo ou a Unión Europea, responden claramente ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa do que son os intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Máis, estas políticas, están levando ás maiorías sociais a unha auténtica situación de emerxencia social. Non hai máis que ver os últimos e recentes dados da EPA: o número de desempregadas/os no Estado xa supera os 6 millóns, o que supón unha taxa do 27,16%, sendo Lugo, por certo, a provincia que lidera, con Burgos, o incremento no número de desempregadas/os no derradeiro trimestre. Eses son os “marabillosos” resultados da contrarreforma laboral, que lonxe de loitar contra o desemprego, sí cumpliu, á perfección, o papel para o que foi deseñada: a precarización exponencial das condicións laborais e unha forte e xeneralizada baixada salarial. Por riba, temos que observar como indecentemente se apoia a Banca e as oligarquías financieiras con miles e miles de millóns de euros sacados de, outrora, dereitos básicos coma a educación ou a sanidade, aproveitando ademáis a coxuntura para afondar na súa reiterada teima de privatizar todo o privatizable poñéndoo, como non, en mans amigas. Estamos ante unha verdadeira situación de emerxencia social e ante iso temos que rebelarnos contra estas políticas e este sistema económico, esixindo dos gobernos que fagan políticas que realmente axuden a saír da crise e que o fagan desde unha perspectiva favorábel aos intereses da maioría social. Si existen alternativas, si é posíbel facer outro tipo de políticas: combater realmente a fraude fiscal, facer unha política impositiva para que pague máis quen máis ten, incrementar os impostos ás rendas do capital, crear unha banca pública que garanta crédito a familias e pequenas empresas, incrementar o investimento público e os salarios como mecanismo de reactivación da economía e xerar emprego, rematar coa especulación coa débeda pública pola vía de que o BCE compre directamente débeda ao estados, negarse os estados a pagar a débeda pública ilexítima.... Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga á clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente... Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto.   Temos, pois, que loitar por un novo modelo de organización a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social e no que as clases populares e @s seus representantes, sociais e políticos, sexan @s que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital. Polo que respecta á clase traballadora galega, hoxe máis que nunca, precisamos poder decidir por nós mesmos as nosas condicións laborais e sociais, por iso esiximos un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais, con competencias plenas, en correspondencia co exercicio do dereito á soberanía política plena da nación galega. Por todo isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en distintas localidades do país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que está a aplicar a dereita española. E , na Mariña,se o ano pasado nos manifestabamos en Mondoñedo porque tralo peche de Ecar e os despedimentos de Hermida considerabamos esa a zona cero desta crise-estafa na comarca, este ano moitos poderían ser os lugares elexidos pois non hai lugar que non sufrira de primeira man a situación, máis escollimos Burela por estar a problemática do Hospital en plena vixencia, unha problemática ademáis tranversal pois inclúe o tema laboral, social, e que simboliza de xeito paradigmático as políticas neoliberais que nos están a impór. Por iso vos convidamos a manifestarvos connosco o 1º de Maio, con saída ás 12.00 dende o lcal da CIG sito en Arcadio Pardiñas 137, para poñer o noso grao de area nesa loita común. Para que nos escoiten, para que saiban que estamos fart@s!!! que renegamos deste sistema que alimenta aos ricos e vira as costas ás maiorías sociais, para que saiban que cremos que outro mundo é posible, máis xusto, máis solidario e que ademáis de crer imos loitar por el. Porque a loita é o único camiño!!! Porque coa CIG na rúa, a loita continúa!

Lo más visto