• Martes, 19 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

MARIÑA | La CIG anima a la ciudadanía mariñana a acudir a la manifestación por la lengua gallega del día 17 de mayo en Santiago

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A CIG de A Mariña,  anima a todas as persoas que amen o galego a que participen na manifestación convocada para o Día das Letras”,  día 17, en Compostela, pois “só a través da presión social constante poderemos garantir os nosos dereitos lingüísticos e o noso futuro como pobo”.  A movilización está convocada pola Plataforma Queremos galego da que forma parte a CIG xunto con outras 700 asociacións e colectivos. A manifestación, que terá por lema  “Non queremos ser extranxeiras na propia patria” saírá dende á Alameda ás 12.00h e rematará na Praza da Quintana. O lema escollido alude á situación do noso idioma, das nosas letras,  que aínda sendo as propias , as nosas,  ven como son vetadas  unha e outra vez en certos ámbitos, ven  unha e outra vez, como son  atacadas sistemáticamente por quen tería que defendelas  e dignifícalas  e ven , unha e outra vez, como se criminaliza e mesmo xulga a quen pretende defendelas. Estamos polo tanto ante unha situación de emerxencia lingüística que require de todo o noso esforzo, de toda a nosa implicación e de todo o noso amor  pola lingua para que a situación se revirta e para que o galego acade o nivel de uso e o prestixio social que merece e que lle corresponde. A plataforma poñerá a disposición de todas e todos @s mariñáns que así o desexen autobuses para desplazarse a Compostela, para o cal @s interesad@s deben anotarse en calqueira dos seguintes números de teléfono: 982140654 ou 982581861

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar