• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Marcha BTT en Foz |

La VI marcha cicloturista BTT Pico da Lebre se celebrará el domingo 17, organiza el Club Ciclista Foz

A sexta edición da marcha cicloturista BTT Pico da Lebre, de Foz, foi presentada na Casa do Concello por directivos do Club Ciclista Foz e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen destacou a importancia deste evento que se celebrará este vindeiro domingo, día 17.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A proba sairá dende o polideportivo municipal focense ás nove e media da mañá e os participantes farán un percorrido mixto entre a costa, polas rutas das praias e o do río Ouro, e de montaña, polo Bispo Santo e San Martiño. Os organizadores anunciaron que xa están apuntados cerca de 200 participantes de diferentes localidades e autonomías (galegos, asturianos e leoneses). Despois da ruta os ciclistas reuniranse para compartir comida na sala Bahía, de Foz, ás tres da tarde. Os organizadores e o alcalde agradeceron o apoio de varias firmas que patrocinan a ruta: Distribuciones Carreira, Fundación Alcoa, Frutas Morriña, Coca Cola, Autos Armando Rodríguez, Peluquería Isabel López e Namarinos. Tamén deron as grazas pola colaboración do Concello de Foz, a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia. Todos aqueles que queiran participar aínda poden apuntarse chamando aos organizadores ao teléfono 636.73.56.61.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar