• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El PP mantiene que el Hospital da Costa podrá ofertar el servicio de quimioterapia

Los populares mariñanos muestran su “perplejidad” ante las manifestaciones de la Junta de Personal del Hospital da Costa, sobre todo por pronunciarse contraria a ampliar el centro hospitalario o a mejorar sus servicios. Desde el PP siguen con que el Hospital podrá ofertar el servicio de quimioterapia a enfermos de cáncer sin necesidad de desplazarse a  Lugo. Esta y otras son algunas de las ventajas que ofrece la gestión integrada que lejos de recortar servicios permite ampliarlos, como acontece en los hospitales de Verín y Valedoras, donde ya se aplica este modelo de gestión.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Partido Popular da Mariña saíu ao paso das críticas efectuadas pola Xunta de Persoal do Hospital da Costa en relación coa oportunidade que lle brinda a xestión integrada para ofertar en Burela o servizo de tratamentos de quimioterapia para enfermos de cancro, sen necesidade de ter que desprazarse ata Lugo. Os populares sosteñen que o hospital da Costa dispón dunha capacidade resolutiva e dunha capacitación dos seus profesionais que aínda se verá ampliada e polo tanto que que permitirá asumir esta prestación con total garantía de calidade e seguridade, sempre co seguemento que é preceptivo por parte do Servizo de Oncoloxía Médica. Desde o PP dixeron que incluso agora mesmo xa está a tratar a estes pacientes no hospital, pero a novidade radica en que agora os doentes non terán que desprazarse fóra (ata Lugo) para recibir o tratamento médico. ASÍ ACONTECEU EN VERÍN E VALDEORRAS Desde o PP sosteñen que efectivamente, a posta en marcha de tratamentos quimioterápicos esixe de espazo –a resolver no momento en que se amplíe o centro-, de formación e de capacitación, e esixe dunha selección de pacientes axeitada; que son os mesmos requerimentos cos que se puxo en práctica esta prestación nos hospitais de Valdeorras e de Verín, logo da aplicación da xestión integrada, centros nos que xa se está a dispensar este tipo de atención sen necesidade de que moitos pacientes teñan que desprazarse ata as súas respectivas capitais. A XUNTA DE PERSOAL EN CONTRA DAS MELLORAS Finalmente desde o PP amosaron a súa perplexidade logo de comprobar como unha Xunta de Persoal dun hospital pode amosarse en contra da ampliación do centro e da mellora dos seus servizos. “Debe ser un caso único en España que o Goberno esté anunciando melloras e os que din representar aos traballadores critiquen este feito, salvo claro está que defendan criterios distintos aos que deberían” Desde o PP insisten en que seguirán traballando por facer realidade a inminente licitación do proxecto de ampliación do Hospital e a súa posterior execución e manteñen que mentres o Goberno da Xunta estea en mans do Partido Popular garanten e blindarán a continuidade de todos os seus servizos, unidades e consultas do Hospital da Costa e incluso os incrementará na medida das súas posibilidades, algo totalmente contrario ao discurso do medo que manteñen desde os partidos da oposición e organizacións afíns.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2