También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Baloncesto |

Lourenzá en Xogo 2013

Equipos del País Vasco, La Rioja, Comunidad Valenciana y Galicia participarán en el décimo torneo de baloncesto femenino organizado por el Ayuntamiento de Lourenzá y las Escuelas Deportivas. Se celebrará del 27 al 30 de marzo en el Polideportivo Municipal. En la programación del evento deportivo se incluyen varias actividades paralelas El responsable del Servicio Provincial de Deportes de la Xunta de Galicia, Manuel Otero, alabó el trabajo que están haciendo desde las Escuelas Deportivas para fomentar el deporte

O torneo foi presentado pola alcaldesa, Emma Álvarez; o concelleiro de Deportes, Pablo Maseda; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; o técnico de Deportes do Concello de Lourenzá, Rubén García; o adestrador do equipo sénior do Lourenzá-Ensino, Juan Nécega; e o director do Ceip Juan Rey, Eduardo Iglesias, “que nos cede as instalacións do colexio”, explicou o concelleiro de Deportes. Tamén citou aos patrocinadores oficiais do torneo, que son Construcciones Augacons, Panadería Neli e Construcciones Emérito Cabaleiro, e aos colaboradores que son a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, a Fundación Deporte Galego, a Federación Galega de Baloncesto, Caixa Rural Galega e Coca Cola. Pablo Maseda comentou que o torneo “contará con tres categorías, que serán junior, senior e cadete, e celebrarase no pavillón de Lourenzá. O mércores 27 chegarán os equipos e despois os días de competición serán o 28 e 29, xoves e venres, e o sábado 30 terán lugar as semifinais e as finais e clausurarase ás oito da tarde”. Ademais destacou que participan equipos de catro comunidades autonómicas, pois “aparte da galega van vir de País Vasco, La Rioja e Comunidade Valenciana”. O concelleiro de Deportes tamén anunciou que “de forma paralela ao torneo celebraranse varias actividades, como un concurso de triplas; teremos unha sala de ocio para as participantes no torneo, que contarán con televisión, internet, futbolín, xogos de mesa, etcétera. Haberá tamén partido de monitores, como é tradicional todos os anos, e a noite celta co grupo de gaitas Ao son do Masma o xoves. A noite do venres poderán disfrutar do primeiro festival da xuventude, que se celebra en Santo Tomé organizado pola asociación de festas desa parroquia e contará con catro orquestras para pasar un bo rato. E despois o sábado para os equipos que se queden a durmir teremos en Lourenzá a Festa da Pascua, que está organizada pola asociación Conde Santo”. Pablo Maseda rematou dando as grazas “a toda a directiva das escolas deportivas e aos traballadores do Concello, que van colaborar con nosoutros de xeito altruísta estes días para que todo sexa un éxito”  

Lo más visto