También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

LOURENZÁ | La secretaria xeral de urbanismo, Encarna Rivas, hablará de planificación del territorio el día 19 de febrero a las siete de la tarde en la Casa de Cultura

O día 19 deste mes de febreiro, martes, ás sete e media da tarde a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, impartirá no salón de actos da casa da cultura de Lourenzá unha charla informativa co título “A planificación do territorio como ferramenta de convivencia”. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, considera que é unha actividade “súper interesante para todos os veciños, porque ademais da parte ilustrativa que haberá na súa exposición a idea é poder resolver todas aquelas dúbidas que sexan plantexadas polas persoas que veñan a ela. Pareceunos moi adecuado dar este tipo de charla no concello e tratar de difundila o máximo posible para que haxa o maior número de veciños, posto que o Concello de Lourenzá está adherido á Axencia da Protección e Legalidade Urbanística, temos algún caso inspeccionado pola propia axencia e eu creo que sempre vale máis previr que lamentar”. Emma Álvarez engadiu que un dos obxectivos do acto é “dar a coñecer a obrigatoriedade que teñen as persoas de solicitar as licenzas para as obras que vaian realizar, tamén a importancia que ten adecuar as obras ao proxecto para o cal se concedeu a licenza e, ao mesmo tempo, ter moito en conta o territorio no que se vai facer: si ten algún tipo de protección especial, como pode ser Rede Natura, aínda que este concello ten un porcentaxe moi baixiño, de apenas un 3 por cen, e tamén como pode ser preto do Camiño de Santiago ou estar na área de influencia dun ben de interese cultural, como un simple hórreo, que ten que pasar por unha comisión de Patrimonio. Son cousas que moitos veciños ignoran e á hora da verdade pode supoñer serios problemas, como o que estamos vendo ultimamente por exemplo en Becerreá, onde hai unha orden de derrubamento dunha casa que está fóra de ordenación. Para evitar este tipo de cuestións pareceunos oportuno ter esta charla para que polo menos os veciños de Lourenzá se dean por informados e non sexa por descoñecemento”.