También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

LOURENZÁ | La secretaria general de urbanismo explicó en Lourenzá la importancioa de solicitar todas las licencias necesarias antes de hacer una obra.

Encarnación Rivas é arquitecta de profesión e funcionaria de carreira do Concello de Pontevedra, dedicou case toda a súa vida profesional ao urbanismo en distintas administracións: nos concellos de Baiona, Pontevedra ou Sanxenxo, na Deputación Provincial de Pontevedra e con distintos cargos dentro da Xunta de Galicia. Actualmente é a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e exerce as competencias da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas en materia de urbanismo e ordenación do territorio. Para a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, a principal conclusión da charla é que “máis vale previr que lamentar e por iso é necesario pedir licenza no Concello e noutras administracións, dependendo das afeccións sectoriais ás que poida estar suxeita a obra. Non podemos construír cada un onde nos pete e recalcouse a importancia da concentración dos núcleos de poboación a fin de poder dar servizos á cidadanía. Recoñeceu que as administracións públicas cometeron erros, de aí o pequeno porcentaxe de concellos que teñen o plan xeral de ordenación municipal aprobado, pero neste momento a Xunta está traballando baixo a premisa do consenso co obxectivo de facilitar os trámites ademais de seguir na liña de que as obras que non se axustan a normativa, ben por non ter licenza aprobada ou por non axustarse a ela, non queden impunes en detrimento daqueles outros veciños que fan as cousas correctamente”. Emma Álvarez lembra “a importancia de adaptarse á normativa existente e sobre todo hai que ter en conta que este Concello está adherido á APLU, polo que é moi fácil que se abran novos expedientes ao marxe dos que xa ten abertos a axencia”. A rexedora municipal rematou animando a xente a pedir licenza e “en caso de ter obras sen licenza ou sen adaptarse á mesma que soliciten a legalización para que esas construción non sigan á marxe da lei”. Na charla estivo tamén a delegada territorial da Xunta para a provincia de Lugo, Raquel Arias.

Lo más visto