También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Lourenzá | El sábado teatro en la Casa de Cultura a cargo de la compañía Raiolas de Alfoz; pondrán en escena la obra "Ruídos na Casa"

O salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá acollerá este vindeiro sábado, día 16 de novembro, unha representación teatral a cargo da compañía Raiolas, de Alfoz. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, agarda que o local estea abarrotado de público, como ocorreu na anterior obra, que houbo este pasado sábado. Lupe Flórez explicou que a deste vindeiro sábado será “a segunda e última función do ciclo teatral que cada ano organizamos dende o Concello no mes de novembro. Coma a deste pasado sábado, día 9, organízase dentro do ciclo Teatral Buxiganga 2013, que nos achega a Deputación Provincial a través da Área de Cultura. A función será o vindeiro sábado, 16 de novembro, ás 6 e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura e preséntase a obra Ruídos na casa a cargo da compañía Raiolas, de Alfoz”. A edil de Cultura rematou comentando que “nesta ocasión agardamos ter un cheo total, como ocorreu na de Axóuxeres, de Vilaronte”.  

Lo más visto