• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá | Regulan la celebración de las hogueras de San Juan y San Pedro, es necesaerio solicitar permiso antes del 20 de junio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Concello de Lourenzá fixo público un bando sobre as fogueiras de San Xoán e San Pedro para que se celebren nunhas condicións de seguridade axeitadas, segundo informou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Antonio Reigosa, quen anunciou que o prazo para solicitar o permiso remata o día 20 deste mes. No bando especifícanse varias precaucións de obrigado cumprimento, que son: “prohíbese a queima de cubertas de goma, plásticos, aceites e calquera outro material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos (ou que na súa combustión poidan xerar toxicidade). Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a vivendas, tendidos eléctricos, bosques ou calquera outro sitio no que poidan crearse situacións de perigo e incumprir as medidas de seguridade contidas na Lei de Montes de Galicia”. Ademais “cada fogueira deberá ter un ou varios responsables, que deberán solicitar nas oficinas municipais o permiso para a mesma”. O prazo remata o día 20 deste mes. Tamén se indica no bando que “os responsables organizadores de cada fogueira, ó remate da mesma, serán os encargados de efectua-la retirada da vía pública dos restos da queima. Non se poderán facer sobre pavimento asfáltico, co obxecto de evita-lo seu deterioro”. Para rematar explícase que “o vehículo de extinción de incendios situarase en posición de saída para evitar calquera contratempo” e ademais advírtese que “o incumprimento das condicións indicadas ou as queixas veciñais poderán implica-la extinción da fogueira polo servizo de incendios”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar