También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

LOURENZÁ | Hasta el 12 de abril está abierto el plazo de solicitud de plazas del progrma bienestar en balnearios de la Consellería de Trabajo y Bienestar

Ata o vindeiro 12 de abril está aberto o prazo para solicitar algunha das 603 prazas ofertadas pola Consellería de Traballo e Benestar dentro do programa Benestar en Balnearios. Segundo informa o departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá poderán ser beneficiarios do devandito programa as persoas maiores de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, residentes en Galicia, deben valerse por si mesmas para as actividades da vida diaria, non padecer enfermidades infecto-contaxiosas, nin trastosnos mentais conductais, precisar tratamentos balneoterapéuticos e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos. Tamén poden ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores. Os interesados poden dirixirse á traballadora social do Concello de Lourenzá. Deberán presentar: a solicitude debidamente cumprimentada, fotocopia dos DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante e declaración responsable do estado de saúde da parella.