• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá | El Gimnasio Municipal y el Ayuntamiento organizan, durante el verano, actividades para jóvenes de 10 a 16 años. Comenzarán el lunes 30 de junio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, anunciou que “o Concello de Lourenzá colabora co ximnasio multiusos municipal nas actividades que, baixo o nome de escola de verán, pretenden ter entretidos aos nenos e rapaces da nosa localidade. Nesta ocasión anunciamos as actividades que van dirixidas aos nenos de 10 a 16 anos, como en días pasados fixemos das actividades dos máis pequenos”. Lupe Flórez engadiu que “vanse desenvolver dende o día 30 deste mes de xuño e durante os meses de xullo e agosto. Serán basicamente actividades que se distribuirán durante tres días á semana en horario de 10: 30 a 13:30. Son actividades de carácter múltiple e variado basicamente encamiñadas, por unha parte, ao carácter lúdico e deportivo: multideporte, deportes alternativos, adaptados, na natureza, sesións técnicas e tácticas, etcétera. Incluirán tamén rutas en bicicleta e de sendeirismo e, por outra parte, haberá unha serie de actividades de carácter máis manual: distintos xogos e actividades manuais que pretenden ter entretidos aos xoves do concello”. A edil rematou comentando que os interesados nestas actividades da escola de verán poden obter máis información “no número de teléfono 690.18.10.32 e na biblioteca municipal. Comezarán o día 30 de xuño, polo cal todos os interesados deben poñerse en contacto coa persoa encargada da actividade, que é o responsable do ximnasio municipal, para proceder á súa inscrición, que se fará por orde rigorosa de anotación”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2