También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

LOURENZÁ | Charla sobre urbanismo mañana en la Casa de Cultura

De 

Mañá, martes, ás sete e media da tarde a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, impartirá en Lourenzá unha charla co título “A planificación do territorio como ferramenta de convivencia”. Será no salón de actos da Casa da Cultura. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, dicía hai uns días que se trata dunha actividade “súper interesante para todos os veciños, porque aparte da parte ilustrativa que haberá na súa exposición a idea é poder resolver todas aquelas dúbidas que sexan plantexadas polas persoas que veñan a ela. Pareceunos moi adecuado dar este tipo de charla no concello e tratar de difundila o máximo posible para que haxa o maior número de veciños, posto que o Concello de Lourenzá está adherido á Axencia da Protección e Legalidade Urbanística, temos algún caso inspeccionado pola propia axencia e eu creo que sempre vale máis previr que lamentar”. Emma Álvarez engadiu que un dos obxectivos do acto é “dar a coñecer a obrigatoriedade que teñen as persoas de solicitar as licencias para as obras que vaian a realizar, tamén a importancia que ten adecuar as obras ao proxecto para o cal se concedeu a licenza e, ao mesmo tempo, ter moito en conta o territorio no que se vai facer: si ten algún tipo de protección especial, como pode ser Rede Natura, aínda que este concello ten un porcentaxe moi baixiño, de apenas un 3 por cen, e tamén como pode ser preto do Camiño de Santiago ou estar na área de influencia dun ben de interese cultural, como un simple hórreo, que ten que pasar por unha comisión de Patrimonio”.

Lo más visto