• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

LOURENZÁ | El Ayuntamiento tiene abierto el plazo para participar en el programa Xuntos polo Nadal, finaliza el 25 de noviembre

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O Concello de Lourenzá anuncia que ata o día 25 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no programa Xuntos polo Nadal, para maiores que estean sen compañía nesas datas festivas. O departamento municipal de Servizos Sociais explica que “está dirixido a persoas maiores que se atopen en situación de soidade e teñan que pasar estas festas sen compañía. Para poder pasar estas datas acompañadas doutras que se atopan na mesma situación. O programa contempla o aloxamento en habitación compartida e manutención en réxime de pensión completa durante 11 días (10 noites), que se computarán desde o momento da saída do lugar de orixe ata a saída do centro no que se leva a cabo”. A saída realizarase o día 23 de decembro pola mañá e o regreso será o día 2 de xaneiro despois do xantar. Os requisitos para participar son: ser maior de 65 anos, residir na comunidade autónoma de Galicia, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia, non estar recollido en ningún centro residencial e ter que pasar só estas datas do Nadal. Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros) asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía cunha achega de 50€.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar