También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

LOURENZÁ | El Ayuntamiento organiza la "Festa do Maio" que se celebrará este miércoles con el tradicional desfiel por las calles laurentinas y la actuación de la Escuela Municipal de Música y Danza Osorio Gutiérrez

A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou que “é unha das festas tradicionais que conmemora a chegada da primavera e nesta ocasión vai ter lugar na tarde do mércores, 1 de maio. Sairemos do mercado gandeiro, como ven sendo habitual, ás catro e media da tarde e percorreremos as rúas da vila ata chegar ao Cantón. Todo o desfile estará acompañado polas seccións de música e baile da escola municipal Osorio Gutiérrez, que irán tocando e interpretando distintas cancións desta época dos Maios”. Lupe Flórez engadiu que “unha vez chegados á Praza do Conde Santo, a estimación é que o fagamos arredor das seis e cuarto da tarde como ocorreu nos últimos anos, terá lugar unha actuación da escola municipal de música e danza Osorio Gutiérrez, que interpretará unha serie de cantos dos Maios e outras cancións típicas e alegóricas á época primaveral na que nos atopamos. Temos en conta tamén as predicións meteorolóxicas para estes días, polo que está previsto que en caso de chuvia, se é forte e condiciona o desfile, anularíase o percorrido do Maio polas rúas de Vilanova pero manteríamos a actuación da escola de música e danza Osorio Gutiérrez, que en lugar de ser ao aire libre na Praza do Conde Santo trasladaríase ás instalacións do salón de actos da Casa da Cultura do Concello”. Dende a Área de Cultura do Concello de Lourenzá agradecen “ao persoal de Protección Civil, que nos acompaña sempre voluntariamente no noso percorrido, e tamén a un grupo de veciños e veciñas da vila que de maneira totalmente desinteresada colaboran por unha parte na ornamentación do carro e da propia figura do Maio, que o faremos no mercado gandeiro na mañá do día 1, e por outra parte a todos aqueles veciños e veciñas que dende as súas casas lanzan as lambetadas para os nenos que acompañan o desfile”.

Lo más visto