También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

LOURENZÁ | La alcaldesa, Emma Álvarez, participó en la suelta de mil alevines de salmón que la Consellería de Medio Ambiente llevó a cabo en el Río Masma, desde el área recreativa de A Cazolga

De 

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Reigosa, participaron xunto co director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, e outros responsables da Consellería de Medio Ambiente na primeira solta de alevíns de salmón que se realiza este ano na provincia de Lugo. Emma Álvarez explicou que se soltaron máis de mil salmóns de entre 15 e 20 centímetros co fin de conservar esta especie no río Masma. “Eu agradézolle ao director xeral de Conservación da Natureza que escollera Lourenzá, e sobre todo unha área tan fermosa como é a da Cazolga, para levar a cabo esta solta, que hai que facer nos tramos baixos da canle fluvial para desta maneira poder favorecer o seu proceso migratorio e que retornen, unha vez máis, ao río Masma a desovar, que é o que realmente interesa desta solta de salmóns”, manifestou a alcaldesa. A rexedora municipal destacou que “na área recreativa da Cazolga está o centro de precintado do salmón e a base dos vixiantes de recursos naturais da conca do río Masma, no que actualmente a cota de captura des salmóns é de 15 por ano”.

Lo más visto