• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro |

En los últimos seis años 97,2 millones de euros invertidos en Viveiro por el Gobierno gallego

Los diputados autonómicos del PP, José Manuel Balseiro y Vidal Martínez-Sierra, acompañados del candidato a la alcaldía, Antonio Bouza, han hecho balance de las inversiones de la Xunta. Dicen que “Viveiro ha recibido cada año una media de 16,2 millones de euros”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 10 abr 2017

Desde o 2009, data na que Alberto Núñez Feijóo accedeu á Presidencia da Xunta de Galicia, o concello de Viveiro recibiu cada ano unha media de 16,2 millóns de euros en investimentos autonómicos. Isto supón que, nas dúas últimas lexislaturas, os veciños do municipio veñen beneficiándose de obras, axudas e servizos impulsados polo Goberno galego que superan un investimento global de 97,2 millóns de euros. Así o explicaron hoxe os deputados autonómicos Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, acompañados do presidente e candidato popular á alcaldía de Viveiro, Antonio Bouza, tras facer balance en rolda de prensa dos investimentos que a Xunta vén de executar neste municipio nos últimos seis anos. INFRAESTRUTURAS Os populares salientaron que as cifras oficiais demostran que, tal e como defenden desde o PP, a Xunta é a administración que maior apoio inversor realiza en Viveiro, mostra do compromiso do Goberno galego co municipio máis poboado da Mariña lucense. Entre as partidas máis relevantes atópanse achegas dirixidas ao sector pesqueiro, á mellora das infraestruturas ou as achegas nas áreas de emprego, benestar ou da igualdade. Ao longo dos últimos seis anos, o Goberno galego foi quen de financiar a posta en marcha de novas infraestruturas, como é o caso do parque de bombeiros comarcal con sede en Viveiro, que supuxo un investimento no municipio que supera os 5,6 millóns de euros, ademais dunha mellora notable na xestión das emerxencias. A Xunta tamén impulsou obras relevantes nas infraestruturas xudiciais da localidade (por valor de 206.894 euros) e na dotación aos xulgados de novas tecnoloxías (54.000 euros) No relativo ás infraestruturas locais, a través do Fondo de Compensación Ambiental posto en marcha polo Goberno galego con recursos procedentes do canon eólico, a Xunta financiou actuacións como a rexeneración medioambiental do contorno do casco histórico de Viveiro mediante a dotación de contedores soterrados (110.261 euros), a dotación de servizos na área recreativa de Celeiro (111.755 euros) ou a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público no medio rural do concello de Viveiro (acción na que se investiron 223.354 euros) O Goberno galego tamén financiou con 109.222 euros o Plan de Mellora de Camiños Rurais, investiu 6,7 millóns de euros no tramo do corredor Celeiro-San Ciprián que transcorre polo municipio e 2,3 millóns de euros máis en distintas actuacións de mellora e conservación da rede viaria autonómica ao seu paso por Viveiro. Non podemos esquecer tampouco o 1.250.000 euros cos que a Xunta financiou estes seis últimos anos diversos equipamentos para o concello de Viveiro e os 4.100.000 euros que investiu no remate da urbanización do parque empresarial de Landrove        SECTOR PESQUEIRO Unha das partidas máis relevantes é a que a Xunta achega ao sector pesqueiro local para a execución de diversas obras nos portos, como é o caso dos 805.000 euros investidos no reforzo do dique, 45.305 euros achegados para a pavimentación explanada, os 34.134 euros dirixidos á instalación de vixilancia das instalacións, 57.075 euros máis para a pavimentación de viarios xunto a departamentos de pescadores, 46.150 euros para obras do firme no acceso á lonxa, 97.000 euros para o local multiusos e base de emerxencias ou outros investimentos menores por valor de 85.245 euros.        Tamén existen outras achegas neste ámbito dirixidas a axudas directas ao sector por valor de 13.856.757 euros, compensacións socioeconómicas cun investimento de 165.000 euros, achegas para melloras nos buques pesqueiros por 482.123 euros, investimentos na ordenación e xestión dos recursos mariños por valor de 276.368 euros e o financiamento de accións locais do Grupo de Acción Costeira por valor de 356.223 euros. Aquí tamén se atopa unha achega autonómica por valor de 111.261 euros para a adquisición dunha maquina de túnel de lavado para caixas para a flota de Celeiro.              BENESTAR, EMPREGO E IGUALDADE No ámbito propio da Consellería de Traballo e Benestar, o Goberno galego concertou 150 prazas residenciais en Geriatros, achegando un importe de 2.200.000 euros; investiu 6.100 euros no equipamento do centro ocupacional ASPANANE; impulsou 55 accións formativas das que se beneficiaron 825 persoas e para as que achegou 365.000 euros; permitiu a formalización de 155 contratos a través dos  plans de cooperación para os que destinou 1.492.000 euros; e, desde o punto de vista do sostemento dos servizos sociais, achegou 566.663 euros para o Plan concertado e 1.358.163 euros para o sostemento do servizo municipal de axuda no fogar para persoas dependentes. Neste ámbito atópanse tamén achegas por valor de 247.501 euros para a contratación de nove orientadores laborais e 101.000 euros para impulsar diversos programas integrais de emprego. Por último, cómpre sinalar os 198.050 euros que o Goberno galego destinou ao financiamento das accións e persoal do Centro de Información á Mulleres e os 13.430 euros achegados para diversas accións de promoción da Igualdade, Conciliación, prevención da violencia.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar