• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Los socialistas exigen mayor implicación del gobierno con el ACIA

El Grupo Municipal Socialista asegura que todos los ayuntamientos mariñanos, de distintas colores políticas, anuncian día tras día el respaldo a sus Asociaciones de Comerciantes “Cervo todo lo contrario, su apoyo se reduce a 700 euros” Los socialistas de Cervo destacan que “se continúan con esta actitud, demostrarán que les interesa bien poco la recuperación económica del municipio”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Os socialistas de Cervo denuncian a falta de implicación do Concello coa ACIA, Asociación de Comerciantes Industrais e Autónomos, “debe ser dos poucos, senón o único de toda A Mariña, que non apoia como debera este colectivo. O noso equipo de goberno non acaba de darse conta que son o motor dinamizador da economía local”. Ven cómo os Concellos da comarca, de distintas cores políticas, anuncian día sí día tamén medidas de apoio e impulso ás Asociacións de Comerciantes e Cascos Históricos do seus concellos, cómo apoian con recursos económicos, humanos e materiais as distintas iniciativas que levan a cabo, mentras o Concello de Cervo, “fai todo o contrario. Non nos esquecemos que hai pouco destinou unha subvención de 15.000 euros da Xunta de Galicia que tiña como finalidade a dinamización do comercio local ó pintado dos pasos de peóns”. Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que nestes momentos difíciles, este tipo de asociacións van collendo máis peso nos seus concellos coa axuda e respaldo institucional, “o apoio en Cervo redúcese a tan só 700 euros, a subvención nominativa de menor contía de tódolos orzamentos. Iso sí, gastamos cerca de 380.000 euros na implantación de herba artificial nun campo de fútbol que era de herba natural”. Os socialistas mantéñense na idea de que o sector servizos, os comerciantes e autónomos son a día de hoxe “un dos piares fundamentais da nosa economía. Traballan e dan traballo no noso concello e dan un paso máis ó unirse nunha Federación de Comercio a nivel comarcal  para aunar sinerxías e buscar beneficios que redunden en toda A Mariña”. Os membros do GMS queren e esíxenlle ó Partido Popular que “priorice e axude a estes colectivos se un dos seus obxectivos é a dinamización da economía local. Se continúa con esta actitude, demostrará que o que realmente lle interesa non é precisamente a recuperación económica do noso concello”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar