• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Santiago |

Los populares gallegos contrarios a la subida del IVA en los productos pesqueros

El portavoz de mar del Grupo Popular, José Manuel Balseiro, ha manifestado en el Parlamento que no comparten la recomendación realizada por el Informe Lagares sobre la reforma fiscal; por entender que “incrementar la carga tributaria de pescado y marisco, repercutirá negativamente en el sector ya que encarecería sus precios, perjudicando el consumo y las cifras de ventas” Aclara el popular, que la propuesta realizada por la Comisión de Expertos es una recomendación “no una iniciativa del gobierno”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe no transcurso do debate que tivo lugar na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, que os populares galegos “somos contrarios á suba do imposto sobre o valor engadido (IVE) nos produtos pesqueiros”. O parlamentario popular  sinalou que non comparten, en relación con este asunto, a recomendación realizada polo Informe Lagares, o documento elaborado pola comisión de expertos sobre a reforma fiscal. O voto dos populares foi decisivo para a aprobación dun acordo polo que a Cámara galega insta á Xunta, por unanimidade, a reclamar do Goberno español que non leve a cabo este aumento. ENCARECERÍA OS PREZOS Balseiro entende que incrementar a carga tributaria de produtos alimentarios básicos, como son os peixes e mariscos, repercutiría negativamente no sector “xa que encarecería o prezos, prexudicando o consumo e as cifras de venda” UNHA RECOMENDACIÓN Balseiro aclarou, en todo caso, que o coñecido como Informe Lagares contén unha serie de recomendacións formuladas por un grupo de expertos a petición do Ministerio de Facenda pero non é, polo tanto, unha proposta en firme do Goberno de España. De feito, será o Consello de Ministros quen, proximamente presentará a proposta inicial de reforma fiscal que despois seguirá os trámites parlamentarios fixados. Neste senso, confían nas palabras do Ministro de Facenda cando explicou que non forma parte das previsións do Goberno subir a tributación indirecta de ningún produto pesqueiro. PROMOCIÓN DO CONSUMO Os populares din que unha medida de estas características sería contraproducente cos esforzos que está a desenvolver o sector e a propia Xunta de Galicia para incentivar o consumo dos produtos do mar, pesca e marisqueo, e para mellorar o seu sistema de comercialización e posición no mercado. Ademais Balseiro lembrou que a Organización Mundial da Saúde recomenda entre dúas e catro racións semanais a inxesta mínima de produtos pesqueiros, como medida para garantir unha dieta saudable, dato avalado pola, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria e a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar