• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Valadouro |

Los populares denuncian que PSOE, UDIVAL y BNG pretenden llegar al gobierno municipal con un programa oculto

El Partido Popular, después de siete días sin que la oposición hiciera público el pacto firmado, emplaza a las partes firmantes para que lo hagan público “porque los vecinos tienen derecho a saber que condiciones, clausulas y c ompromisos unen a los firmantes” y hacen un llamamiento a José Ramón Gómez Besteiro, secretaerio general del PSOE en Lugo y aspirante a liderar el PSdeG, para que rectifique “como máximo instigador de este pacto”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Partido Popular denunciou hoxe que logo de case sete días PSOE, Udival e BNG aínda non fixeron público o pacto asinado no concello do Valadouro. Un feito que cualifican como “dunha estafa democrática” xa que logo permitirá chegar á Alcaldía do Valadouro e ao Goberno municipal “cun programa oculto”. Desde o PP fixeron estas estas declaracións nunha rolda de prensa na que o secretario xeral provincial Jose Manuel Balseiro estivo  acompañado do actual alcalde do Valadouro, o popular Jose Manuel Lamela, da vicesecretaria provincial dos populares lucenses, Elena Candia e do deputado mariñán Vidal Martínez-Sierra. OS VECIÑOS TEÑEN DEREITO A COÑECELO Os populares emprazaron ás tres formacións políticas asinantes da moción de censura a “non esperar nin un minuto máis e facer público a integridade do documento notarial, “porque os veciños do Valadouro teñen dereito a saber que condicións, con que cláusulas e que compromisos unen aos asinantes do pacto” Desde o PP sospeitan que a integridade do documento notarial segue en segredo porque contén cláusulas moito máis graves das que veñen a poñer prezo -100.000€-  á gobernabilidade do Valadouro. Lembremos que socialistas e independentes locais, coa complicidade do BNG, comprometéronse mutuamente a pagar esa indemnización en caso de ruptura do pacto de goberno. “Esta non sería a primeira vez que estas tres forzas políticas negocian cuestións alleas aos intereses dos veciños” aseguran desde o PP quen tamén denuncia que defender “como se fora de total normalidade a indemnización pactada” é tanto como “poñer en suspenso a democracia: Non hai principios, non hai valores, non hai programa, tan só móvelles un interese económico” O PP constatou que os veciños “observan sen case crelo como mercadean” co concello do Valadouro e insistiu en que aquí non estamos ante unha moción de censura “ao uso, que aínda que non compartimos sería lexítimo, senon que nos atopamos ante un acordo para poñer prezocon esta alcaldía” BESTEIRO INSTIGADOR. Para os populares na estratexia de ocultación do pacto hai dous responsables directos:  os concelleiros socialistas e os edís de Udival e tamén o concelleiro do BNG como cómplice necesario desta estafa democrática. Con todo insistiron en identificar ao seu máximo instigador a Jose Ramón Gómez Besteiro, o aspirante a liderar o PSdeG e tamén secretario xeral do PSOE en Lugo. Ante o seu silencio de Besteiro volveron a preguntar “se o de Valadouro é o modelo que segue e seguirá, e se defende poñer prezo aos gobernos de coalición” “Son respostas que Besteiro oculta. Pedimos que actúe con responsabilidade e rectifique, porque o dano que fan é moi grande. Este señor sabe que O Valadouro –concluíron desde o PP- está moito por riba dos seus futuros gobernantes”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar