• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

Los populares denotan ausencia de movimientos en la tramitación del PGOM

El PP presentará una pregunta plenaria interesándose por los avances realizados en torno al desarrollo del Plan General de Ordenación Municipal, tras el cierre del plazo de presentación de alegaciones el 27 de enero de 2014 Según el número de alegaciones presentadas, evidencia un Plan General que no gusta a los mindonienses

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo rexistrará unha pregunta para a súa resposta na próxima sesión plenaria local na que se interesa polos avances realizados en torno ao desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal da localidade. Os populares trasladarán esta iniciativa preocupados pola ausencia de movementos en relación á tramitación do PXOM,  tralo peche da presentación de alegacións fai entorno a cinco meses, o 27 de xaneiro de 2014. Dende o Partido Popular de Mondoñedo lembran o elevado número de alegacións rexistradas, -238 alegacións máis 10 manifestacións de apoio á corrección de deficiencias-, e que demostran que son moitos os veciños que atopan desconformidades cun documento que marca o futuro da localidade. Os populares xa daquela pediron un estudo rigoroso das reclamacións presentadas por máis de 300 veciños, -un número de afectados que se multiplica ao contabilizar as persoas representadas a través de asociacións e empresas-; e a día de hoxe ao Partido Popular de Mondoñedo non lles constan avances na súa tramitación, pese a estarse a falar dun plan crucial para a localidade. Perda de postos de traballo Os populares amosan a súa inseguridade ao denotar a ausencia de traballo e en concreto, destacan a súa fonda preocupación ante as alegacións presentadas polas empresas, xa que de aprobarse así o plan, poderíase falar da perda de postos de traballo na localidade. Os populares lembran outras alegacións como a actualización do PXOM á nova realidade existente despois das concentracións parcelarias ou inclusive ao deslinde, aprobado polo actual equipo de goberno, co Concello da Pastoriza; así como a necesidade de revisar as superficies destinadas a espazos verdes e zonas libres caracterizadas por unha clara desproporción dos metros cadrados esixidos por lei.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar