• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | El alcalde se enfrenta a diario con la Administración Autonómica

A los nacionalistas ribadenses parece molestarles que la Xunta invierta en la localidad

En el PP lamentan que el BNG se vea obligado a acudir al insulto “incapaz de contradecir a la alta inversión de la Xunta en Ribadeo”. José Manuel Balseiro recuerda, una vez más, que el ente autonómico aporto 27 millones de euros en la anterior legislatura y matizó que “no es un insulto, sino un hecho que pueden comprobar a diario, la actitud del alcalde con la administración”. El PP dice que continuará a trabajar para invertir en Ribadeo y denunciando los fallos del alcalde.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O presidente de la gestora del Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad lamentou hoxe a actitude dos nacionalistas locais que incapaces de contradicir os datos ofrecidos por Balseiro en relación co investimento executado pola Xunta na pasada lexislatura –que só en Ribadeo superaba os 27 millóns de euros- se vén na obriga de responder empregando o insulto como réplica. “O alcalde dixo que non se investira en Ribadeo. E nos invitámolo a que demostre que os 27 millóns de euros descritos por Balseiro non son certos. Porque sabemos que non poderá facelo” asegurou López Penabad quen tamén amosou a súa “perplexidade” porque ao BNG lle moleste que Ribadeo sexa un dos concellos con maior investimento do Goberno autonómico e, polo tanto, que é mentira o que están dicindo desde o BNG aos veciños. López Penabad tampouco entende porque o alcalde agora se esconde tras o responsable local do BNG para facer este tipo de declaracións absolutamente desproporcionadas e impropias dun dirixente democrático. De feito indicou que afirmacións como as que fai Xavier Campos son absolutamente intolerables no debate político, se descualifican por si mesmas e non merecen contestación algunha, salvo o feito de poñer de relevo que quen as emprega é porque non ten argumentos. López Penabad pola contra dixo que “non debe entenderse como un insulto” que se asegure como fixo Balseiro que o alcalde está “obsesionado” con enfrontarse coa Xunta de Galicia, “cando é un feito que todos os veciños comproban a diario tras escoitar as declaracións de Suárez Barcia realiza nos xornais e nas emisoras de radio”. Unha actitude, por certo, negativa e crispada que non fai ningún favor aos seus veciños e que só busca agochar unha mala xestión da alcaldía en moitos temas, como é o caso do obradoiro de emprego. O presidente dos populares de Ribadeo quixo deixar claro que desde as administracións nas que teñen responsabilidade de Goberno seguirán traballando por Ribadeo e para achegar investimentos á localidade, “gústelle ou non ao BNG” e seguirán denunciando tamén naquelas ocasións nas que a actitude do alcalde fai que Ribadeo saia perdendo, como é o caso do obradoiro de emprego que perderon por non presentar en tempo e forma a documentación que se lle requiriu ao concello. López Penabad amosouse convencido de que os veciños observan con estupor o ton crispado e insultante que nos últimos meses está a caracterizar á actitude da alcaldía e dos responsables do BNG e dixo que sería bo que os nacionalistas “tomaran unha tila e empezaran a xestionar e gobernar en defensa dun pobo, como o está a facer o PP, desde unha oposición responsable e acadando investimentos, obras e apoios que o alcalde non foi quen de conseguir por facer mal as cousas”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE