• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros | El BNG dice esa línea de ayudas desaparece para dedicarla a servicios sociales

Los nacionalistas llaman "mentiroso" a Fuente Parga, con la ayuda a la guardería

El BNG de Barreiros sale en defensa de la Diputación provincial en el tema de la subvención retirada para la Guardería Municipal; expicando que no se retiró ninguna ayuda para la guardería, si no que esa línea de ayudas desapareció para destinar el dinero a o tros servicios sociales que dejaron de financiar desde la Xunta y Gobierno Central. El comité local del BNG le dice al Alfonso Fuente que “deje de mentir para tapar su incapoacidad al frente del ayuntamiento”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O BNG de Barreiros considera que as declaracións vertidas por Alfonso Fuente a respecto da axuda á gardería municipal non pretenden máis que ocultar a súa nefasta xestión, a súa incapacidade para solucionar os problemas municipais e tentar ocultar e desviar a atención das súas declaracións sobre as queixas pola baixada do salario. “Alfonso Fuente minte, din os nacionalistas, cando asegura que se retirou unha axuda á gardería municipal de Barreiros por parte da Deputación Provincial. Desde o grupo nacionalista explican que a liña de axudas á que se acollía esta subvención desapareceu no ano 2012 para atender a outros servizos sociais aos que o ente provincial tivo que facer fronte tras deixar de ser financiados pola Xunta ou o Goberno central segundo o caso.” Ademais, recordan desde o BNG que “a xestión de Alfonso Fuente e a súa cabezonería política levouno a rexeitar a proposta feita polos nacionalistas no ano 2007 de integrar a escola infantil no Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar, integración que tería aforrado ao Concello uns 65.000 euros anuais ao facerse cargo da gardería a propia Xunta. Porén, naquel momento o Alcalde non quixo asinar este convenio, como fixeron moitos outros concellos, que permitiría contar con ese servizo e con outros, como un centro de día, dentro da rede galega sen custe, ou cun custe moito menor, para o Concello de Barreiros.” Polo tanto, os nacionalistas pídenlle a Alfonso Fuente “que deixe de mentir e que explique a xestión real que lle está apricando a este concello e á gardería municipal en concreto. E que explique que, pola súa falla de vontade, pola súa teima persoal, a gardería supón unha carga económica para o Concello de Barreiros ao non estar transferida á Xunta. Que explique que é por iso polo que está cargando ás familias con custos que poderían ser asumidos pola Administración galega que, ademais, é o que contempla a nova lexislación sobre administración local.” Pero ademais, os nacionalistas recórdanlle a Alfonso Fuente que quen reduciu as transferencias ao concello foron a Xunta e o Goberno do Estado, gobernados polo Partido Popular, tal e como recolle o informe de intervención do propio Concello a respecto do ano 2012. O mesmo informe que recolle literalmente que as transferencias realizadas pola Deputación Provincial aumentaron nese ano. “Polo tanto, conclúen os nacionalistas, o Alcalde de Barreiros debería deixar de buscar e rebuscar disculpas en calquera cousa, deixar de botar balóns fóra e debería comezar a asumir as consecuencias do seu xeito de xestionar este concello e explicarlles ás veciñas e veciños que a situación actual vén dada, en grande medida, por decisións que el e o seu equipo de goberno estiveron adopatando durante estes anos.”  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE