• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | El regidor anunció que irá a juicio, el PP espera que sea con su dinero

Los desempleados ribadenses esperan disculpas públicas de Suárez Barcia

La Directora General de Formación y Empleo de la Xunta de Galicia, Ana María Díaz López, confirmó en sede parlamentaria que “el ayuntamiento de Ribadeo no quiso corregir los defectos en la solicitud de un taller de empleo, pese a ser advertido de que no hacerlo, supondría renunciar a la ayuda” La gestión del alcalde, Fernando  Suárez, “calamitosa” para los populares, frustra 45 contratos de trabajo de formación y empleo en ámbitos como fabricación de conservas vegetales, agricultura ecológica, promoción turística e información al visitante. El presidente de la gestora del PP, Jesús López Penabad, dice que “los 800 desempleados de Ribadeo esperan disculpas públicas del alcalde y del equipo de gobierno nacionalista”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O presidente da nacionalista do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad dixo hoxe que os 800 veciños desta localidade que se atopan no paro están á espera de recibir as desculpas públicas do Alcalde e do Equipo de Goberno nacionalista logo de que a directora xeral de Formación e Emprego da Xunta, Ana María Díaz López, confirmara en sede parlamentaria que o Concello non quixo corrixir os defectos na solicitude do obradoiro de emprego pese a ser advertidos de que de non facelo, suporía renunciar a esta axuda. López Penabad lamenta que a “xestión calamitosa” de Suárez Barcía teña como resultado que se perderan 45 posibles novas contratacións, vinculadas ao obradoiro, en ámbitos con moitas posibilidades de futuro como son a fabricación de conservas vexetais, agricultura ecolóxica, promoción turística local e información ao visitante. “Estes veciños hoxe sen emprego perderon a opción de dispoñer dun contrato remunerado, e non están os tempos para que o Alcalde peche a porta a novos postos de traballo” O presidente dos populares de Ribadeo agradeceu ao deputado popular Jose Manuel Balseiro que se interesara no Parlamento de Galicia pola tramitación desta solicitude e moi particularmente polas razóns que levaron ao Concello a renunciar a esta axuda. “Nos últimos tempos o BNG quixo enganarnos. E botar balóns fóra por feito que era unica e exclusivamente responsabilidade súa. Deben pedir perdón” VIDEO EN FACEBOOK López Penabad informou que publicaron o vídeo da resposta parlamentaria no perfil Facebook do Partido Popular de Ribadeo para que poidan consultalo todos os veciños que así o desexen e explicou que ante a contundencia dos datos facilitados coincide plenamente coa directora xeral cando asegurou que o alcalde “cando dicía que esta indignado, só estaba facendo un pouco de teatro, unha manobra para ocultar a súa propia incapacidade ante os veciños á hora de xestionar un procedemento administrativo moi sinxelo” A XUIZO CO SUE DIÑEIRO Finalmente López Penabad espera que Suárez Barcia rectifique e que nin se lle pase pola cabeza xudicializar un asunto –tal e como ten anunciado- no que é manifesta a incompetencia no proceder do goberno local.  “Se quere ir aos tribunais para facer o ridículo, que o faga co seu diñeiro, non cos medios e recursos do Concello. Xa fixo ten feito dano suficiente aos veciños, para seguir nesa actitude incomprensible”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2