• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Cosme Pombo lo anunció en Viveiro

Los ayuntamientos mariñanos no recibirán dinero de la Xunta para ayuda domiciliaria

El diputado del BNG, Cosme Pombo, insiste en que el modelo de servicios sociales de la Xunta y del Estado es “clasista y excluyente con los mayores lucenses”. Desde el BNG apuestan por los servicios sociales públicos y no por las privatizaciones como quiere el PP.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento de Galiza, Cosme Pombo, e o responsábel comarcal da formacion na Mariña, Antonio Veiga, alertaron, esta tarde, das consecuencias que están a ter os recortes que a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado están aplicando nos servizos sociais e que están afectando, especialmente, aos concellos máis pequenos do rural lucense e que, ademais, corresponden coas localidades con maior avellantamento. Pombo denunciou que “no tempo que leva o Partido Popular no poder, milleiros de maiores lucenses estiveron a piques de quedar desatendidos e desprotexidos; primeiro porque a Xunta deixou aos concellos de menos de 20.000 habitantes sen Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico e, segundo, porque o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade sumprimiu a súa cofinanciación ao Servizo de Teleasistencia Domiciliaira. Os populares pretenderon rematar con dous servizos vitais para milleiros de maiores que seguen a recibir atención grazas á responsabilidade e ás políticas da Vicepresidencia da Deputación Provincial, que asumiu a totalidade do investimento que require a Axuda no Fogar e artellou un convenio de colaboración con todos os concellos para garantir a Teleasistencia. A primeira das consecuencias deste modelo excluínte e clasista é que os concellos da Mariña, durante este ano 2013, non recibirán ninguna axuda económica da Xunta para o Servizo de Axuda no Fogar básico”. “O modelo de servizos sociais de Feijóo e Rajoy -continuou o deputado galego- estase a demostrar ineficaz e ineficiente e contrario ao que o pobo precisa. O Partido Popular defende un modelo pensado para atender aos galegos e galegas das cidades e que teñen recursos para financiarse residencias, coidadores, próteses, ambulancias ou otros servizos. Dende o BNG seguiremos defendendo os servizos sociais públicos e de calidade fronte aos dirixentes populares que entenden os servizos sociais e a sanidade como una mercadoría e non como un dereito que, ademais, pode constituír un nicho de emprego que pode constituírse como unha vía que axude á recuperación económica e social do país”. Dende o BNG insisten en que se están aplicando recortes a colectivos que precisan de coidados e atención especial. En Galiza existen máis de 25.000 persoas con dereito recoñecido á prestación da dependencia pero que aínda non reciben ningunha axuda; situándose esta lista de espera á cabeza do Estado. Neste senso, Antonio Veiga asegurou que “o Partido Popular está a ser o único culpábel de que os servizos sociais estean a desaparecer como terceiro alicerce do Estado de benestar”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar