• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Los ayuntamientos de Alfoz, Valadouro y Ourol verán incrementadas en un 30% las cuantías de las ayudas para cubrir los daños causados por los lobos

Según los datos oficiales la provincia de Lugo ha recibido el 44% de las ayudas por daños de lobos en el 2014. El diputado popular, José Manuel Balseiro, destaca que los ayuntamientos de la comarca podrán optar a estas ayudas que deben solicitar los propietarios de ganado ovino, porcino, vacuno y equino afectados por este tipo de ataques.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A devandita novidade, incluída na convocatoria do presente ano, é consecuencia de que estes tres concellos mariñáns (xunto a outros dez lucenses de Abadín, Baralla, Friol, Guitiriz, Muras, O Corgo, O Incio, O Páramo, Samos e Triacastela) forman parte do Plan de xestión do lobo en Galicia O Goberno galego outorga un trato preferente a este veciños, co incremento da contía das axudas, por entender que se tratan de zonas nas que se prevén máis danos debido á alta densidade de lobos e á abundancia de gando. CHEGAN A TODOS OS CONCELLOS Con todo, Balseiro aclara que non só estes tres senón todos os concellos da Mariña lucense poderán optar a estas axudas. Para iso  deben ser solicitadas polos propietarios de gando ovino, porcino, vacún e equino que se vexan afectados por estes ataques, entre os que tamén entrarían danos provocados ao asno e á mula. Cómpre sinalar tamén que, segundo datos oficiais ofrecidos pola Xunta, a provincia de Lugo recibiu o 44% das axudas por danos de lobos en 2014 MÁIS DE 100.000 EUROS A Xunta destina na presente anualidade un orzamento de 106.035 euros para paliar as perdas no gando causadas por este animal. O importe das axudas que corresponden ao suposto de morte establécese segundo un baremo en canto á especie, clase e idade, mentres que, no caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios Balseiro sinalou que a presente convocatoria de axudas comprende os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2014. Salienta tamén o deputado do Grupo Popular que o importe e condicións destas axudas foi acordado no seu día coas organizacións profesionais agrarias. Dáse a circunstancia de que, nas últimas datas, veñen de producirse o ataque das mandas de lobos ás crías dos cabalos e outras especies de gando nos montes da comarca que, previa solicitude, poderían acollerse a estas axudas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar