• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

López Penabad reprocha a Suárez Barcia que "se permita el lujo" de renunciar a subvenciones para contratar personal

El líder de los populares ribadenses, Jesús López Penabad, ha dicho que cuando el regidor ribadense no solicitó las brigadas contraincendios “echó por tierra la oportunidad de un puesto de trabajo para aquellas personas que pudieran ser contratadas”; un comportamiento para el PP “insensato y falto de sensibilidad” en un ayuntamiento donde más de 700 vecinos están en la lista del paro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad reprochou ao alcalde, o nacionalista Fernando Suárez, que se permita o luxo de renunciar a entre seis e doce novas contratacións subvencionadas pola Xunta, ao non solicitar o convenio que o Goberno galego ofreceu a todos os concellos da comunidade para a posta en marcha das brigadas contraindencios. O dirixente popular censura a actitude insensata do rexedor nacionalista e a súa falta de sensibilidade tendo en conta que esta decisión tería permitido dar unha oportunidade de acceder a un posto de traballo ás persoas que puideron ser contratadas, precisamente nun municipio no que, segundo os últimos datos oficiais, máis de 700 veciños se atopan parados. O presidente popular explicou que un concello das características de Ribadeo podería ter solicitado incluso dúas brigadas contraincendios, cada unha delas compostas por seis operarios, subvencionadas no 75% do seu custe directamente pola Xunta de Galicia. Os populares suman estes novos reproches aos xa efectuados no momento de coñecerse que Ribadeo, xunto con O Valadouro, eran os únicos concellos da Mariña lucense que renunciaban á posta en marcha das brigadas municipais. Daquela os populares, en voz do seu presidente, xa alertaron da irresponsabilidade e imprudencia desta decisión do alcalde, xa que supón prescindir dun servizo esencial na prevención e loita contra o lume, nun concello que –como puidemos comprobar nas últimas datas- a actividade incendiaria é elevada e, de feito, Ribadeo ten sufrido os lumes forestais máis importantes da comarca.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar