• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

López Penabad reclama a Besteiro la limpieza y desbroce de los accesos a la Playa de las Catedrales

El presidente de los populares ribadenses ha calificado de “peligrosidad, dejadez  e irresponsabilidad” el estado de las carreteras provinciales que discurren por el ayuntamiento de Ribadeo. Jesús López alerta de la peligrosidad que supone para los viandantes y los vehículos el estado que presentan las carreteras provinciales, al igual que lamenta la imagén que llevarán los visitantes que se acerquen a la zona. La Diputación destina más de 130.000 uros a los trabajos de limpieza de los 800 kilómetros de carreteras provinciales en la Mariña El diputado de gestión territorial, Manuel Martínez, lamenta el “desconocimiento e imprudencia” del PP mariñano, pues las tareas de limpieza se están llevando a cabo en la Costa desde hace una semana, como estaba previsto, y este mismo jueves iniciarán en la Playa de las Catedrales

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

Repletas de maleza e ocupando a meirande parte da estrada. Así se atopan os viais provinciais de acceso as praias das catedrais en Ribadeo. Unha situación froito da deixadez, pasividade e irresponsabilidade de Gómez Besteiro, quen outra vez, demostra que os seus anuncios quedan en papel mollado. Porén e debido a esta situación, o presidente do PP de Ribadeo, reclamou esta mañá ao presidente da Deputación, como responsable destas calzadas, a limpeza e desbroce destes viais de acceso a estas praias e urxiuno a levar a cabo estes traballo de mantemento e conservación de xeito inmediato e antes de que aconteza algunha desgraza. Alertou López Penabad da perigosidade desta situación posto que os viandantes invaden a estrada porque,  as calzadas, ou ben carecen de arcéns ou se atopan repletos de maleza, o que os obriga a pasear polo medio do vial, expoñéndose a un perigo constante. Ademais, o popular lamentou a mala imaxe que levan da zona os miles de turistas que acoden a Ribadeo para visitar estas praias, uns areais considerados como xoias paisaxísticas pero que sen embargo acceder a eles supón un serio perigo. O popular apuntou a que esta situación de deixadez é extensible a outros viais da zona polo que instou tamén ao goberno local, concretamente ao rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, a requirirlle a Deputación de Lugo, que acometa estes traballos na maior brevidade posible e antes de que suceda algunha desgraza. A Deputación de Lugo inviste máis de 130.000 euros nos traballos de roza dos 800 quilómetros de estradas provinciais que discorren pola comarca da Mariña. O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, lamentou o “descoñecemento e imprudencia” dos representantes do PP mariñán ó criticar a situación das vías de acceso á praia ribadense das Catedrais, pois as tarefas de desbroce desenvólvense dende hai unha semana nos municipios da costa lucense e, tal e como xa estaba previsto, este mesmo xoves arrancarán no entorno do areal ribadense, buque insignia do turismo na Mariña, para “deixalo en perfectas condicións, como facemos cada tempada”. Martínez informou así mesmo de que xa remataron os labores de roza no concello de Foz e estanse a acometer en Viveiro e Cervo. Os traballos execútanse progresivamente, pois “é imposible levalos a cabo en todos os puntos de todos os municipios de maneira simultánea, xa que temos que atender e actuar nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais, a rede máis extensa de España”, sinalou o deputado. A institución luguesa activou o Plan de Roza cun investimento de 600.000 euros para o conxunto das estradas provinciais. “Como nas anteriores edicións, poñémolo en marcha agora, durante a época estival, para previr incendios e optimizar recursos, posto que realizalo con anterioridade suporía un dobre gasto. Hai que ter en conta que, debido ás condicións metrolóxicas que se rexistran durante esta tempada, facelo antes, obrigaríanos a ter que rozar polo menos dúas veces, duplicando os custes”, remarcou Manuel Martínez. O Plan de Roza despregou un novo dispositivo na rede viaria de máis de 70 operarios e 50 máquinas. Paralelamente, outros 30 operarios e 25 máquinas, neste caso do Parque Móbil da Deputación, executan o pioneiro plan de mellora da rede viaria provincial, acondicionando con rego asfáltico todos os puntos que así o requiren. Ademais, outros 104 operarios e 64 máquinas, do Plan de Conservación, actúan durante todo o ano de xeito continuado nas vías da institución. En total, a Deputación conta con máis de 204 operarios e 139 máquinas traballando para manter nas mellores condicións os máis de 4.200 quilómetros de estradas luguesas. Ademais de manter en bo estado as vías e mellorar as comunicacións, por medio destes traballos a Deputación contribúe ó desenvolvemento da economía e ó mantemento de postos de traballo en Lugo, grazas á contratación de 20 autónomos e pequenas empresas da provincia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE