• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | Dada la reestructuración que estudian sobre el mapa de emergencia

El PP local pide al alcalde que actúe para mantener el GRUMIR en la localidad

La portavoz de los populares mindonienses, Elena Candia,  ha registrado una moción para instar al alcalde, Orlando González, para que inicie los contactos necesarios con Diputación, Xunta y FEGAMP para que Mondoñedo no se vea afectado y garantizar la continuidad del GRUMIR. Dada la importancia del servicio, los populares urgen del alcalde una actitud activa y asuma sus competencias como regidor local.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Dada a reestruturación que se está a estudar no mapa de emerxencias da provincia, que conlevará a supresión de efectivos de Grumir e ante calquera posibilidade de que Mondoñedo se poda ver afectado; O Partido Popular de Mondoñedo adiantase e rexistra unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria na que instan ao rexedor local a que actúe de maneira inmediata e faga as xestións necesarias cos entes responsables de emerxencias (Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e a Fegamp) para que o servizo do Grumir continúe en Mondoñedo. Os populares explican que coa entrada en funcionamento de novos parques de bombeiros na provincia producirase unha profunda reestruturación do mapa de emerxencia na provincia de Lugo, conlevando a eliminación de varios Grupos Municipais de Intervención Rápida. Temerosos de que esta reforma poda chegar a afectar ao concello de Mondoñedo, os populares esíxenlle ao rexedor local que, asumindo as súas competencias, actúe dun xeito inmediato e eficaz, e emprenda contactos coas administracións responsables de emerxencias para ter a garantía de que no concello de Mondoñedo continurá o servizo de Grumir. Dada a importancia da dotación do servizo do Grumir para Mondoñedo, que garante a seguridade cidadá e a atención en caso de emerxencias, dando o seu apoio a protección civil; o Grupo Municipal do PP de Mondoñedo rexistrou de maneira inmediata unha moción para que o rexedor local cumpra coas súas competencias e amose unha actitude activa ante esta situación. A solicitude desta xestión por parte do Grupo Municipal Popular faise se cabe máis necesaria, tendo en conta que, pese as peticións reiteradas do Grupo Municipal do PP de Mondoñedo, este concello non conta cun plan de emerxencias, vital dada as características intrínsecas da localidade. Un exemplo, segundo os populares, que pon de manifesto a deixadez de funcións do rexedor local.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar