• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

Las VII Jornadas del Peregrino "Abrindo Camiño" serán del 4 al 6 de julio

Luís Fernández, presidente de la Asociación Abrindo Camiño, organizadora de las jornadas ha presentado el programa de actividades que se divide en tres apartados diferentes que girarán alrededor del grupo literario Leiras Pulpeiro, Camiño Norte y la variante marítima del Camiño Norte.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Comezarán as VII Xornadas o día 4 de xullo ás 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, momento no que terá lugar a inauguración destas xornadas, evento para o que se conta ca presenza de Antón Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, Rafael Sánchez Bargiela, Director Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Laureano García Díaz, presidente da Agrupación de Asociacións do Camiño Norte así como coa presenza  dos alcaldes de Mondoñedo, Barreiros e Foz. Este día as actividades xirarán entorno ao grupo literario Leiras Pulpeiro, presentándose a audioguía e un audivisual do roteiro turístico-literario Leiras Pulpeiro. Continuarán cun encontro literario no que participarán Armando Requeixo, Antón Reigosa, Matías Escalera e Julia Labrador. Rematará o día cun concerto no que César Morán e Rebeca Maseda musicarán varios poemas de Leiras Pulpeiro. O día 5 estará dedicado ao Camiño Norte, comezando cunha reunión das Asociacións do Camiño, unha visita guiada ao Centro de Interpretación e unha mesa debate sobre a figura de San Francisco de Asís, que contará coa presenza de Luís Casado Soto e Manuel Rodríguez. A derradeira mesa debate da mañá versará sobre as singularidades do Camiño Norte, centrándose no albergue do Abuelo Peuto e o seu programa de reinserción social entorno ao penal do Dueso. A tarde estará dedicada a percorrer a variante marítima. Percorrido que saíndo de Foz chegará ata a basílica de San Martiño de Mondoñedo, visitarase o xardín botánico de Caxigueiro, o recinto do Eido Dourado, praia das Catedrais, Illa Pancha e rematará en Ribadeo. O domingo 6 de xullo o programa será moito máis lúdico pois trátase dun percorrido polo Roteiro turístico-literario Leiras Pulpeiro, que saíndo do Centro Cultural de Alcántara percorrerá os lugares emblemáticos da vida de Leiras. A tarde estará dedicada á Romaría da Fervenza, con xantar campestre, torneo de chave, xogos acuáticos e música. Rematarán as VII Xornadas ca posta en escena da obra teatral Os amores dun mariñán, representada polo grupo de Teatro O Bordelo de Cervo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar