También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

Las pistas dañadas por la retirada de madera serán reparadas cuando mejore el tiempo

El concejal delegado de medio rural, Pedro Fernández Manín, se ha reunido con representantes del sector maderero para buscar soluciones al problema que ocasiona la explotación de montes. Fernández Manín calificó la reunión de “muy  interesante” una vez acordaron reparar las pistas una vez mejore el tiempo

“Tivo lugar a reunión cos madeireiros da zona, que tiñamos pendente de facer, e notouse que pola súa parte poñen todo o interese e desde o Concello somos conscientes de que a madeira é unha das fortes explotacións que temos para saír adiante”, explicou Fernández Manín. Na xuntanza participaron tamén o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a técnica de Medio Ambiente Vanesa Iglesias Sánchez. Por parte dos empresarios estiveron o presidente da Asociación de Madereros da Provincia de Lugo, Santiago Montero, e outros membros do colectivo representando ás empresas Hijos de Ramón Rubal, Maderas Míguez, Maderas Patricio, Maderas Celeiro, Maderas Naciente, Tojeiro Vidal e tamén responsables de Ence Energía y Celulosas SA, de Asturias. O concelleiro de Medio Rural comentou que “a esta reunión estaban tamén invitadas asociacións Promafoz e Promaval. No caso de Promafoz ía estar o seu secretario, que é o señor Sixto, pero por motivos de traballo non puido estar e pediu que se lle remitan todos os acordos que tomáramos na reunión, o que se vai facer tamén con Promaval”. Manín destacou que na xuntanza “alcanzáronse algúns compromisos, como levar a cabo totalmente o acordo que estaba firmado co Concello de Foz de reparar as pistas por parte dos madeireiros, pero o mal tempo que houbo nos últimos tempos é o motivo que impide que eles leven a cabo eses traballos, toda vez que se se fixeran nestes momentos sería prexudicial para os camiños e as pistas. Tamén quedamos en facer unha nova xuntanza para formar un equipo de traballo todos xuntos e intentar buscar solucións como son crear zonas para poder botar a madeira e así evitar que estea na beira das pistas e incluso encima das cunetas. Isto foi o que se acordou na reunión de hoxe, que foi moi interesante porque Ence, que non figuraba no convenio feito co Concello de Foz, dixo que aceptaba totalmente o que alí acordamos. Entonces para nós foi moi interesante esta xuntanza”. O concelleiro de Medio Rural engadiu que tamén acordaron que “por parte das asociacións eles van avisar a todos os seus membros para que se cumpra este acordo e por parte do Concello faranse uns bandos, que se colocarán nos sitios de costume, para dicir a tódolos veciños cales son os seus cometidos e as súas responsabilidades nestes casos, pero tamén os dos madeireiros e das empresas que explotan os montes, ao igual que as obrigas que ten o Concello con todos os veciños”. “Pensamos que a industria da madeira hoxe é unha das máis importantes na zona e debemos transixir algo, pero tamén esixir todo aquilo para evitar prexuízos aos nosos veciños”, rematou Fernández Manín.  

Lo más visto