• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

Las obras de la guardería podrían iniciarse en dos meses

El ayuntamiento pagará por el solar 99.000 euros y en tres o cuatro semanas se podrá firmar el acta de ocupación de la finca, según han asegurado desde el equipo de gobierno

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

O proxecto básico está moi avanzado, segundo anunciaron hoxe desde o equipo de goberno de burelés e: “en cuestión de tres ou catro semanas poderemos asinar a acta de ocupación da finca”. Ademais criticaron a actitude que mantivo no día de onte a oposición no pleno extraordinario celebrado no Concello. Desde o grupo de goberno confían “en que as obras da nova escola infantil poidan arrincar nun prazo de dous meses. Como se sabe terá un total de 41 prazas e damos ese prazo porque o proxecto básico, que é o necesario para conceder a licenza de obra, está moi avanzado e en cuestión de tres ou catro semanas poderemos asinar a acta de ocupación da finca”. O equipo de goberno explicou que “o sistema que se utilizou para a adquisición da finca foi o da expropiación por xustiprezo. Cando isto ocorre o propietario propón un prezo á administración local e si esta considera que entra dentro das súas posibilidades procede á súa aceptación. Nese sentido imos pagar polo solar, que ten 2.200 cadrados, 90.000 euros máis o 10% do imposto de transmisións, que son 9.000 euros. En total pagaremos 99.000 euros”. E lembraron que “o Concello non dispón de solo propio de carácter dotacional, entón ese solo ten que ser adquirido. E neste caso a compra foi beneficiosa para o Concello”. Para o grupo de goberno “a oposición onte amosou unha ignorancia máxima, porque por exemplo o señor Llano demostrou que descoñece totalmente os asuntos municipais xa que asegurou en dúas ocasións que o prezo do solar da gardería era equivalente ao importe do solar que o Concello saca a poxa na unidade de actuación de Torrentes. E iso é mentira, porque o importe que o Concello pagará polo solar da gardería ascende a 99.000 euros e o importe mínimo da poxa do solar municipal en Torrentes é de 145.000 euros. O señor Llano mentiu en 46.000 euros, é dicir a súa mentira custa 46.000 euros”. “En relación coa gardería nós faremos agora o que o bipartito non foi capaz de facer en catro anos e facémolo polo que o PP prioriza os servizos sociais. No seu momento o señor Llano priorizou a colocación de luminarias de deseño e o despilfarro. Si o señor Llano se tivese preocupado polos servizos sociais podería construír non unha escola infantil senón dúas, cos 800.000 euros que investiu en luminarias de deseño e que non representan, senón todo o contrario, ningún tipo de aforro enerxético”, indicaron desde o Grupo Popular. No equipo de goberno burelés tamén se referiron ao crédito de pago anticipado a provedores: “o Concello baixa o tipo de interese do 5,57% ao 4,26%, co que aforraremos 25.000 euros e xeramos unha liquidez adicional por un ano duns 120.000 euros. Entendemos que a opción adoptada é a máis idónea nestes momentos para o Concello de Burela. Resulta sorprendente que os que xeraron e causaron que houbese que pedir este crédito agora se alarmen das decisións que toma o PP, cando deberían ser eles e só eles os que pagasen este crédito que houbo que pedir polas facturas que deixaron sen pagar”. Para os populares “unha vez máis demostrouse a ignorancia dos grupos da oposición. O señor Llano chegou a dicir que a herdanza do antigo Concello de Cervo é culpa do PP. Hai que ter moito valor para dicir iso. Tamén demostrou descoñecer que os solares propiedade do Concello de Burela están todos en Torrentes e que ningún deles é dotacional, senón que pertencen a unha ordenación de carácter pechado. Tamén demostrou descoñecer as características das bolsas de solo dotacional do novo PXOM, co cal é bastante triste e di moi pouco da capacidade de traballo do señor Llano. O máis delirante que dixo onte este home foi que para facer a nova escola infantil sería bo convocar un referendo, e non o dixo unha soa vez, senón que o dixo en dúas ocasións, as mesmas nas que repetiu que a herdanza deixada polo antigo Concello de Cervo era culpa do PP”. Desde o equipo de goberno do Concello de Burela “o que lle pedimos á oposición é que sexan un pouco máis responsables, que estuden os asuntos municipais porque se demostrou que a ignorancia nalgúns casos é moi atrevida e neste caso foi atrevida. O peor de todo é que cando a ignorancia se mestura coa mentira e se mestura co sementado de insidias e de dúbidas sobre o proceder do equipo de goberno entón a ignorancia convértese en rexeitable, perigosa e denunciable. Onte quedou claro que ao PSOE non lle gusta que o PP saque as cousas adiante, cansáronse de criticar a nosa xestión, polo tanto quere dicir hai xestión e aplicamos aquel dicho de ladran logo cabalgamos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar