• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Parlamento |

Las gerencias individuales de Burela y Lemos "no tienen ningún sentido"

El diputado socialista Carlos González Santín pidio explicaciones sobre el “engaño de Feijóo” y la conselleira de sanidad, Rocío Mosquera, defendio la decisión de poner una única gerencia integreada en Lugo porque, dice “hay que compartir recursos y eliminar duplicidades” y hay especialistas con n bajo número de casos en los hospitales comarcales. González Santín lamenetó que el único objetido de la Xunta sea “ahorra a toda costa”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O deputado socialista Carlos González Santín presentou unha pregunta no Parlamento para que a Xunta explicase o “engano de Feijóo” ao suprimir as áreas sanitarias de Monforte e Burela, que pasarán a depender de Lugo, en contra do que prometera o presidente da Xunta. Na súa resposta, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, protagonizou “unha nova cerimonia da confusión, das que tanto lle gustan ao PP, que cre que pode confundir aos cidadáns e tratalos por parvos só cambiándolle o nome ás cousas e despois facendo o que lle dá a gana”, lamenta o socialista. González Santín esixiu que a Xunta “respecte o actual mapa sanitario” na provincia e, incidiu, co importante matiz de que sexa “con tres xerencias autónomas e con orzamentos independentes”. Mosquera afirmou primeiro que o Goberno galego respectará o mapa actual, coas tres áreas de Lugo, Burela e Monforte, e que nelas haberá xerentes independentes, para asegurar despois que “haberá unha única xerencia integrada en Lugo” porque “as xerencias individuais non teñen ningún sentido”. A conselleira argumentou a decisión da Xunta dicindo, entre outras cousas, que “hai que eliminar duplicidades” e que nas áreas de Burela e Monforte “é imposible estabilizar equipos médicos” polos traslados, ademais de asegurar que “o baixo número de casos” nalgunhas especialidades é un argumento para “compartir recursos”. Asimesmo, dixo que a solución non pasa polo desprazamento de pacientes, senón porque sexan os mesmos profesionais sanitarios “os que se despracen” dun centro a outro. González Santín lamentou que a única motivación da Xunta sexa “aforrar a toda costa, co recorte de persoal e servizos” nunhas áreas que atenden a 120.000 persoas, co agravante dunha poboación dispersa e envellecida. O socialista transmitiu a “conmoción” da poboación destas zonas pola decisión da Xunta e a gravidade de que os hospitais comarcais se convirtan en “centros de especialidades” e o camiño sexa “a supresión de servizos e os continuos e longos desprazamentos”, como xa está a suceder noutros lugares onde se implantou este sistema e “co exemplo de Madrid e da privatización como meta”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar